O concello da Bola, gobernado polo BNG, amplía o proxecto do compostaxe doméstica

Teresa Barxe, alcaldesa nacionalista da Bola

Segundo informa o xornal La Región, os 39 participantes do programa de compostaxe doméstica que, en abril do pasado ano iniciou o concello ourensán da Bola promovido polo Ministerio de Medio Ambiente para a fabricación de abono natural (compost) a partir dos residuos de materia orgánica, pechaban este mes o proxeso cun resultado 'altamente satisfactorio', subliñaban os técnicos responsables.

Os encargados do proxecto tamén engadían que 'cumpliuseo o obxectivo de reducir a producción de residuos organicos,desenvolvendo a capacidade dos participantes para autoxestionalos'.

Segundo o informe remitido polo Ministerio, nos oito meses que durou a experienca compostaronse 57.123,09 kilogramos de residuos.

Asemade, estímase que a cantidade de compost producido é de 2.381,12 kg ao mes cunhas características optimas para ser utilizada en hortas e xardíns.

Ampliación

Dada a implicación dos veciños, dende o Cocnello de A Bola implantaronse 15 composteiros máis e solicitouse unha axuda a Xunta ampliar o proceso a mais veciños interesados.

Modelo do BNG de xestión do lixo

A compostaxe é unha das alternativas que defende o BNG fronte ao actual modelo de xestión do lixo en Galiza que representa SOGAMA, e que está baseado na incineración e no negocio privado. Pola contra o BNG aposta claramente por un modelo descentralizado, con plantas de xestión do lixo de ámbito comarcal,e baseado nas tres R: reciclaxe, reutilización e reducción. Porén, o Partido Popular dende o Goberno da Xunta de Galiza segue apostando pola incineración e por SOGAMA, un modelo non sustentábel e altamente contaminante.

Neste sentido, iniciativas como as do concello da Bola, van na liña axeitada e supoñen ademais, un estimúlo económico para os concellos, ao reducir o lixo que lle entregan a SOGAMA, e polo tanto, a factura que deben pagar por este concepto.

 

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]