"Pensa en Arzúa", unha campaña con escolares promociona o concello como destino turístico e para residir

Web da campaña

O Concello de Arzúa reeditou a campaña que impulsou o ano pasado «para mostrarlle a todo ou mundo que Arzúa é un bo lugar para vivir, investir nas nosas empresas e para visitar». Así de claro e de ben se expresou Gael Alberto no acto de presentación, onte, da iniciativa promocional, que, baixo o reclamo «Pensa en Arzúa, pensa en ti», chegará ao público a través de anuncios publicitarios en radio e en prensa, e da Rede, por medio da canle de vídeos Youtube e das redes sociais Facebook e Twitter.

Gael Alberto é un do sete escolares arzuáns que protagonizan o vídeo que se editou con motivo da campaña, no que, recorrendo ao formato dun informativo de televisión, preséntanse as potencialidades e servizos cos que conta o municipio para promocionalo como destino turístico, no que residir e no que desenvolver unha iniciativa empresarial. Unha entrevista ao alcalde, Xaquín García, pecha o espazo, con outro tres pezas nas que os escolares realizan os labores propios dun reporteiro para informar da oferta de chan e prestacións do polígono industrial, das infraestruturas ao servizo dos veciños, e da oferta e recursos turísticos do municipio.

O rexedor de Arzúa destacou que a campaña «paga a pena, a pesar do esforzo económico que supón, porque penso que contamos cunha estratéxica localización xeográfica para que outra xente, ademais de nós mesmos, aproveite todas as potencialidades que temos». «Non estamos na periferia de Santiago, pero se dispomos de servizos e somos un concello con máis identidade», engadiu Xaquín García.

Podes acceder á campaña a través de

web:  http://pensaenarzua.org

Facebook: facebook.com/pensaenarzua

Twitter: http://twitter.com/pensaenarzua

Youtube: http://www.youtube.com/user/pensaenarzua

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]