Pontevedra gaña o Premio estatal Mobilidade Segura pola súa aposta por estabelecer o límite dos 30 quilómetros

Miguel Anxo Fernández Lores, no seu despacho

A aposta por estender as zonas nas que se circula a 30 quilómetros por hora a todo o casco urbano mediante unha ordenanza en 2009 valeulle a Pontevedra o premio Mobilidade Segura outorgado polo xuri do II Encontro de Cidades de Seguranza Vial que se celebra en Córdoba baixo a organización da Dirección Xeral de Tráfico (DGT) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

O alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, afirmou que este galardón é "unha honra" para a cidade e un premio ao "proxecto integral" que leva anos desenvolvendo a cidade para reducir a velocidade á que se circula dentro do casco urbano.

Lores, que é tamén candidato do BNG á reelección, afirmou que o concello leva dez anos modificando o aspecto da cidade, mediante a redución de carrís, ampliando as beirarrúas ou con pasaxes elevadas, para conseguir que a velocidade á que flúe o tránsito sexa sea menos de 30 quilómetros por hora.

Desde que se aplica esta política, enfatizou Lores, o número de accidentes que se rexista na cidade se reduciu nun 50 por cento.

O xuri do premio subliñou o "esforzo" do Concello de Pontevedra por implantar un modelo de mobilidade local máis sustentábel e por criar un entorno urbano centrado no peón, que contribúe para reducir a accidentalidade e garantir que todos os cidadáns se despracen "de forma segura e saludábel".

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]