O concello de Tomiño pon en marcha un servizo de transporte nocturno para a mocidade

A concelleria de Seguridade e Trafico do Concello de Tomiño -gobernado polo BNG-, que dirixe Olga Orduña, pon en funcionamento o servizo de transporte nocturno “Tomibus” e iniciarase este sábado día 6 de agosto. Este servizo ven a sustituir o antigo servizo de Noitebús, que puxera en marcha a Xunta de Galiza en colaboración cos concellos e que o ano pasado decidiu suprimir. Debido ao exito e resultados do Noitebus, durante os seus anos de funcionamento, e ante a supresión do servizo por parte da Xunta, o concello de Tomiño decidiu tomar a iniciativa e apostar polo “Tomibús”, un servizo só financiado polo Concello e que terá unha taxa de 4 € por viaxe, ida e volta.

O “Tomibús” consiste nun autobús que transportará as mozas e mozos á Guarda os sábados a noite, saindo de Tebra ás 23,45h os sábados, pasando por Vilameán, Hospital, Taborda, Piñeiro, Sobrada, Tomiño, Estás, Figueiró e Goián co obxecto que a mocidade non colla o coche e asi evitar accidentes. O servizo estará en proba durante este mes de agosto e se funciona ben e segue existindo demanda sprolongarase no tempo. Ademáis, este mes de agosto con motivo das festas do monte de A Guarda e en previsión afluencia de mozos e mozas ao evento, haberá servizo de xoves a sábado.

Segundo a Concelleira de Tráfico, Olga Orduña: “trátase dunha petición de mozos e mozas de Tomiño, pero tamén dos seus pais, que prefiren que os seus fillos viaxen seguros nun transporte colectivo, tendo en conta a alta siniestralidade nas estradas secundarias os fins de semana”.

A Alcaldesa de Tomiño manifestou a súa confianza nos bos resultados do “Tomibus”. Segundo as súas palabras: “o Tomibús é unha aposta do goberno local co trasporte público nocturno que nos ten demostrado que é eficaz e necesario xa que reduce considerablemente riscos de accidentes entre a mocidade”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]