O BNG esixe ao goberno da Coruña que cumpra a Lei da Memoria Histórica e retire a Millán Astray o título de fillo predilecto

DIANTE DA DECISIÓN DE DESISTIR DE RECORRER A SENTENZA O BNG PÍDELLE AO PP QUE CUMPLA CO ESPÍRITO DA LEI


A Coruña, 15 Agosto 11.- O Bloque Nacionalista Galego sinala que con independencia de sentenzas xudicias e informes xurídicos, o Concello da Coruña ten plena competencia para conceder ou quitar distincións sen necesidade de aplicar a lei da memoria histórica.

O Goberno Municipal do sr. Negreira terá que xustificar na Comisión de Honores e Distincións porque setenta anos despois do golpe militar ratifica a distinción de fillo predilecto a un fascista e lembra que o propio alcalde afirmou no seu día que Millán Astray era "un coruñés de pro".

O sr. Negreira terá que xustificar por que considera a un golpista unha persoa con volares e exemplo para as xeracións futuras, algo que se deduce do mantemento por parte do concello de títulos honoríficos a Millán Astray, algo que non pasaría noutro país da nosa contorna. O BNG levará á devandita comisión, a través do seu representante Xosé Manuel Carril, unha proposta para acordar que se lle retiren todos os honores que se lle concederon a Millán Astray con independencia da época na que lle foran entregados.

O BNG reclama o cumprimento da Lei da Memoria Histórica para que a cidade deixe de ser a capital da simboloxía franquista. Lembra que fica moito por facer para retirar a simboloxía franquista da cidade, para practicar políticas de información e concienciación dos cidadáns nos valores democráticos e para recuperar a memoria histórica.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]