Sesións do Pleno da corporación municipal

FUNCIONAMENTO DO PLENO DUN CONCELLO

Que é unha sesión plenaria ordinaria?
É aquela que debe convocar o alcalde ou alcaldesa cunha periodicidade mínima de 2 meses en todos os concellos, agás nos de máis de 20.000 habitantes que será dun mes, de acordo co disposto na Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galiza. Na orde do día constará obrigatoriamente o punto de Mocións, Rogos e Preguntas.

Que é unha sesión plenaria extraordinaria?

É aquela que debe convocar o alcalde ou alcaldesa ou cando asi o solicite, por escrito, a cuarta parte, polo menos, do número legal de membros da Corporación, sen que ningún concelleiro/a poida solicitar máis de tres anualmente. A súa celebración non poderá demorarse por máis de quince días dende que foi solicitada, non podendo incorporarse outros asuntos, agás autorización expresa dos/as solicitantes da convocatoria.

Que é unha sesión plenaria extraordinaria urxente?
É aquela sesión que se convoca sen a debida antelación, motivada por causas de urxencia. A súa convocatoria debe recoller os motivos da urgencia e ser ratificada polo Pleno ao inicio da sesión.

Cal é o prazo para convocar unha sesión plenaria?

As sesións plenarias se convocan, polo menos, con dous días hábiles de antelación, agás as extraordinarias con carácter urgente, que se poden convocar en menor prazo.

Cando queda constituído o Pleno?
O Pleno constitúese validamente coa asistencia dun tercio do número legal dos seus e súas membros, que nunca poderá ser inferior a tres.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]