PONTEVEDRA: Miguel Anxo Fernández Lores

Miguel Anxo Fernández Lores

Por qué te presentas á alcaldía de Pontevedra?
Para proseguer a transformación da cidade, e converter Pontevedra nun espazo de referencia para a cidadanía do século XXI.

Qué cambios vas impulsar no teu Concello dende o Goberno Municipal?
O cambio nesta cidade comeza cando en 1999 elixe un alcalde do BNG. Desde entón, a transformación é unha realidade grazas á adopción dun modelo de cidade alternativo, integrador, socialmente cohesionado, coas persoas como eixo central da vida urbana, que está a facer de Pontevedra un exemplo para moitas outras cidades.

Por qué militas no nacionalismo?
Sen dúbida porque coido que é a mellor maneira de afrontar os retos da Galiza contemporánea; de responder ás necesidades do país cunha óptica propia, crendo no que somos, loitando polo noso papel no mundo e satisfacendo con intelixencia as demandas da maioría dos galegos e galegas. Como dicía Castelao, nunca virá de fóra remedio ou esperanza.

Cal é o papel do BNG na política local?

En Pontevedra, desde logo, liderar este modelo de cidade que tan bo resultado está dando para o conxunto da poboación, promover modelos de crecemento alternativos e atentos á memoria histórica, implicar á cidadanía na dinámica urbana e conseguir cotas de calidade cada vez máis avanzadas.

 

CURRICULUM DE MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ LORES:

Nado en Sanxenxo no ano 1954. Licenciado en medicina e ciruxía pola Universidade de Santiago no ano 1978.
Exerceu a súa profesión de Médico de Familia en Pol (Lugo), Samos (Lugo), e no ambulatorio “Virxe Peregrina” de Pontevedra, até a súa toma de posesión como Alcalde no mes de xullo do ano 1999.
Comezou a sua andaina política vinculada ao nacionalismo no ano 1974. Participou activamente en distintos movimentos sociais e ecoloxistas.
En 1983 foi elexido Concelleiro no Concello de Samos (Lugo)
Portavoz Municipal do BNG en Pontevedra desde 1987 até a sua toma de posesión como Alcalde, o 3 de xullo de 1999.
A nível organizativo formou parte do Consello Nacional e da Permanente do BNG. Na actualidade é membro do seu Consello Local e do Consello Comarcal.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]