A CORUÑA: Xosé Manuel Carril Vázquez

Xosé Manuel Carril

CURRICULUM DE XOSÉ MANUEL CARRIL VÁZQUEZ



Nado en Londres, Reino Unido (1969).

Licenciado en Dereito (1992), Graduado en Dereito (1994) e Doutor en Dereito (1998) pola Universidade da Coruña.
Premio extraordinario de doutoramento da Universidade da Coruña (1998-1999).

Profesor Titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, desde 2003.

Estadías postdoutorais de investigación na Facultade de Dereito da Universidade Católica (neerlandófona) de Lovaina (1999-2000) e na Facultade de Dereito da Universidade Católica de América-Washington, D.C. (2005).

Autor de dúas monografías e de máis de medio centenar de artigos publicados en diversas revistas, algúns deles sobre Dereito Social da Unión Europea, Dereito francés do Traballo e da Seguridade Social, Dereito italiano do Traballo e da Seguridade Social, Dereito norteamericano do Traballo e Dereito do Traballo e da Seguridade Social en Galiza. 
Coautor de dous manuais universitarios de Dereito do Traballo e da Seguridade Social

Ponente e comunicante en distintas reunións e congresos nacionais e internacionais sobre Dereito do Traballo e da Seguridade Social.

Membro do Consello Científico do Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña («Revista xurídica interdisciplinar internacional»).

Secretario Xeral da Universidade da Coruña (2006-2010).

Membro da asemblea constituinte de Galiza Nova na cidade da Coruña.

Membro da asemblea constituinte dos Comites Abertos de Facultade da Universidade da Coruña.

Membro da asamblea constituinte do colectivo antimilitarista Galiza Insubmisa.

Membro da asamblea constituinte da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Comarca da Coruña
.
Membro do Consello Local do BNG da cidade da Coruña.

Por que te presentas á Alcaldía da Coruña?

Por unha decisión colectiva, que é como se ten que actuar politicamente, por vocación de servizo público en beneficio das maiorías sociais e pólo compromiso coa Coruña e con Galiza.

Que cambios vas impulsar no teu concello desde o Goberno municipal?

Trátase de continuar co traballo do Grupo Municipal do BNG adaptándonos á nova realidade, moi condicionada pola actual crise económica, que esixe cambios na nosa actuación. Nesta liña, hai que salientar a utilización das políticas municipais como ferramentas que sirvan para que o Concello da Coruña sexa motor de desenvolvemento económico e social da comarca e da área metropolitana. Tales políticas teñen que se desenvolver en defensa dos servizos públicos e do emprego para saír da crise con xustiza social.

Por que militas no nacionalismo?

Porque son unha persoa de esquerdas e o único xeito de ser de esquerdas en Galiza é sendo nacionalista e porque o único movemento organizado que atende o noso pobo e o noso país é o nacionalismo galego.

Cal é o papel do BNG na política local?

O de pór as políticas municipais ao servizo da cidadanía e dos movementos sociais da nosa cidade e da nosa nación coa finalidade de que estas políticas sexan deseñadas conxuntamente. Deste xeito, A Coruña será motor de desenvolvemento económico e social da súa comarca, da súa área metropolitana e do noso país, o que permitirá entre outras cousas, saírmos da crise actual con xustiza social.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]