FERROL: Xoán Xosé Pita Díaz

Xoán Xosé Pita

Xoan Xosé Pita Díaz, (Covas-Ferrol 1951), na actualidade ten 58 anos.

Realizou estudos de Nautica, para máis tarde traballar como oficial da Mariña Mercante.

Na actualidade desenvolve a súa actividade profesional como empresario autónomo nunha empresa de prefabricados.

É o presidente do Consello Rector da Coperativa Agraria de Covas, Esmelle e Marmancón.

Nas eleccións de 1999 saiu eleito concelleiro. Durante o periodo 1999-2003 formou parte do Goberno Municipal de Ferrol, presidido por Xaime Bello, onde estivo a frente de varias delegacións (Seguridade e Tráfico, Zona Rural etc.).

Desde Xaneiro de 2004 é novamente concelleiro, desenvolvendo desde as eleccións do 2007 o cargo de Portavoz municipal do BNG.

Foi membro da Executiva Comarcal do BNG de Ferrolterra. Na actualidade é membro do Consello local do BNG de Ferrol.

 

-Por qué te presentas á alcaldía de Ferrol?

Porque considero que durante os últimos anos a calidade de vida en Ferrol non avanzou. Siguense aplicando as políticas rutineiras de sempre e a nosa cidade precisa un goberno comprometido coa cidade e con este país. É unha responsabilidade moi grande a de volver a encabezar a candidatura do BNG, pero estou convencido de que o nacionalismo é garante de políticas que van dar solucion os principais problemas dos nosos e das nosas veciñas.

-Qué cambios vas impulsar no teu concello dende o goberno municipal?

A nosa cidade precisa vivir a grande revolución urbanística que significa a integración na estrutura urbana de todos os terreos desafectados de usos militares, tanto polas posibilidades que isto ofrece desde o ponto de vista da rexeneración urbana como polo feito de normalizar e solucionar unha eiva importante para a Ferrol como é o de ter unha fonte de ingresos en concepto de IBI e outras taxas municipais que até o de agora non se cobran porque o ministerio de defensa se nega a abonar impostos à cidade.

Así mesmo é importante que Ferrol volva a ser considerada unha cidade con capacidade produtiva. Debemos desmitificar a idea de que Ferrol só ten futuro como cidade de servizos e apostar por recuperarmos a capacidade de producción en todos os sectores, incluido, por suposto, o naval.

Tamén compre revisar a situación das infraestruturas de comunicación da cidade, non poderemos progresar se seguimos tendo un ferrocarril decimonónico en servizos e calidade.

-Por qué militas no nacionalismo?


Milito na nacionalismo desde que son consciente da diferencia de Galiza con respecto a outras zonas do Estado español. Creo que se nós mesmos non somos capaces de defender o noso outros non o van facer por nós e aquí temos moito traballo por facer. Son nacionalista porque son galego e estou orgulloso de selo.

-Cal é o papel do BNG na política local?


O BNG é unha forza cuantitativamente pequena en representación institucional, pero importante na calidade das súas iniciativas e na capacidade de traballo que temos. Nunha corporación municipal, tan fragmentada como a de Ferrol, o BNG, con dous concelleiros, non pasou desapercibida na política local.

Impulsamos políticas transformadoras, fomos quen de condicionar e introducir, nos orzamentos municipais, demandas veciñais históricas como a rede de saneamento para a zona rural, entre outras cuestións que, por desgraza, o goberno municipal do PSOE incumpriu.

Así mesmo somos a única forza política que reclama un trato xusto do Ministerio de Defensa coa nosa cidade e a recuperación da construcción naval civil na nosa comarca e o levantamento do veto a Astano.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]