LUGO: Xosé Antón Bao Abelleira

Xosé Antón Bao

Xosé Antón Bao Abelleira:

Nado en Lugo en 1964.

Casado con dous fillos.

Viviu na súa infancia e xuventude en Cruzul (Becerreá).

Afincado en Lugo dende os anos 90.

Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC. Profesor de Ensino Medio.

Comeza a súa andadura política en 1999 cando encabeza a lista do BNG na candidatura de Becerreá. Concelleiro dende 1999 a 2007.

Formou parte da candidatura do BNG ao Parlamento Galego no ano 2001

No 2004 é elixido candidato número un para as eleccións ás Cortes Xerais pola provincia de Lugo.

Portavoz do BNG na Deputación de Lugo dende o 2005 ao 2007.

No 2007 forma parte da candidatura do BNG nas eleccións municipais no Concello de Lugo. Tras as eleccións obtén acta de concelleiro en Lugo e é elixido Deputado Provincial. Accede ao goberno da Deputación de Lugo como Vicepresidente Primeiro.

Dende o ano 2007 é tamén responsable Comarcal do BNG de Lugo e membro do Consello Nacional, máximo órgano de dirección do Bloque.

 

-Por qué te presentas á alcaldía de Lugo?

A militancia do BNG de Lugo propúxome e decidiu que encabezara a candidatura. Coa ilusión e o ánimo de todas e todos impulsamos un proxecto polítco transformador, coherente e alternativo.

Lugo bota de menos o traballo do BNg no gobernó municipal e imos liderar un cambio necesario para ilusionar aos lucenses.


-Qué cambios vas impulsar no teu concello dende o goberno municipal?

Lugo precisa políticas diferentes das que proponen PSOE e PP no urbanismo, nos servizo públicos, no turismo, no medioambiente…

O BNG leva demostrando que ten un proxecto político propio, con alternativas propias e diferenciadas sobre todo para paliar os efectos da crisde económica tamén dende o Concello.

O PXOM, a nova organización da sanidade en Lugo tra a apertura do novo hospital, o impulso dos servizos públicos, a potenciación do turismo e da cultura, o fomento do emprego son retos inmediatos.

-Por qué militas no nacionalismo?

O nacionalismo é un proxecto político fundamental nesta país. Sen el os galegos non existiriamos políticamente. Da súa capacidade transformadora, do seu labor cotiá a prol da nosa identidade cultural, lingüística, social e económica depende o benestar de Galiza.

Con eses obxectivos estou absolutamente comprometido. Non entendo Galiza sen nacionalismo.


-Cal é o papel do BNG na política local?

Importantísimo. Da nosa presenza depende a coherencia territorial, as maiores doses de democracia e transparencia. A aposta firme por unha maior xustiza social. Dende os concellos o BNG construirá este país.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]