Novas
O BNG pidelle a Ames que apoie o manifesto “ Galiza ten dereito”
Ames. 10 de febreiro de 2010. O BNG de Ames ven de presentar unha moción para que o Pleno Muncipal se apoie o manifesto “ Galiza ten dereito”, asinado polos sindicatos CIG, CCOO, UGT, polas organizacións políticas BNG e PSOE e pola Confederación de Empresarios de Galiza (CEG), o dia 5 de febreiro, un amplo e plural abano da sociedade galega. [+]
O BNG considera a sentencia como unha oportunidade para a ampliación de equipamentos no Milladoiro
Ames. 2 de novembro de 2009. O BNG considera que se debe utilizar a aplicación da sentencia do TSXG, anulando o Plan Parcial do S-15, para ampliar a dotación dos equipamentos públicos pendentes no Milladoiro ( Centro Saúde, Centro de dia, Parque Recreativo, Parcela dun novo Ceip …) e ademais facelo nunha zona céntrica do núcleo urbano.
Esta sentencia evidencia a necesidade de adecuación do planeamento urbanístico no concello de Ames, á actual normativa autonómica, adecuación que a desde a Concellaría de Urbanismo se ven pospoñendo ano tras ano, por falta de xestión.
O Pleno apoia a moción do BNG de apoio aos veciños de Tarrio.
Ames. 27 de novembro de 2009. O Pleno da Corporación Municipal de Ames aprobou a moción do BNG apoiando aos veciños de Tarrio na súa demanda de un servizo público de transportes.
O BNG considera, na moción aprobada, que as demandas dos veciños de Tarrio son xustas e factibles, e reclama que se solucionen os problemas técnicos para a implantación do servizo. Asi mesmo o Pleno aprobou dirixirse á Xunta para que inste á empresa concesionaria a que comece a prestar o servizo recollido no Plan de Transporte Metropolitano de 2006. [+]
O BNG padronés anticipa o seu apoio ao goberno local na aprobación do POS
Padrón, 26 de novembro. O grupo nacionalista aposta por colaborar con PSOE e CIPa para solucionar problemas veciñais [+]
O grupo de goberno aprobou a listaxe de obras que se realizarán con cargo ao Fondo Estatal.
O Concello de Teo priorizará o investimento do novo Fondo Estatal para o emprego e a sostenibilidade local en temas de índole medioambiental e na mellora e construción de equipamentos socio-comunitarios. Teo conta neste novo plan de investimento do Ministerio de Política Territorial cun crédito de 1.905.392€. [+]
Os veciños de Bugallido reclaman que se reanuden as obras da Rotonda da Bola
Convocamos unha xuntanza da que saíron as iniciativas a levar a cabo ante a Deputación [+]