Artigos
Charo Fernández Belho
Unha nova conciencia social sobre a violencia machista
Santiago de Compostela. 26 de decembro do 2008. As declaracións feitas polo alcalde de Neda aos medios a raíz do asasinato de María Fraguela, veciña do concello, polo seu compañeiro, foron ben desafortunadas, en primeiro lugar desde o ponto de vista humano. Seguramente nesas horas de dor a familia e amizades de María esperarían do seu alcalde unhas declaracións de condolencia, e o conxunto da cidadanía agardabamos unhas declaracións de denuncia ante un dos problemas sociais máis preocupantes na Galiza, onde padecemos no que vai deste ano 2008, seis mortes por violencia de xénero, sendo esta a terceira en pouco máis dun mes. [+]