Tres dos proxectos propostos polo BNG serán financiados co Fondo Estatal

A urbanización da Travesía do Porto é unha das dez propostas do BNG

Ames, 9 de xaneiro de 2009. O BNG de Ames felicítase porque dos cinco proxectos a financiar co Fondo Estatal de Investimento, tres coincidan coa súa proposta. Trátase do Parque Central do Milladoiro, a urbanización da Travesía do Porto e os vestiarios do campo de fútbol de Bertamiráns. Aínda así, o Bloque lamenta que non se contemple ningunha actuación no rural xa que, segundo os nacionalistas, ao menos un 20% destes Fondos deberían reservarse para as parroquias.

dos cinco proxectos a financiar co Fondo de Investimento, tres coinciden coa proposta do BNG
O Goberno Local tamén incluiu a construcción do Cemiterio Municipal na listaxe de obras a financiar co Fondo Estatal, cun investimento de 1.600.000€. Para o BNG, éste é un equipamento importante e necesario pero sería máis acertado executalo a través da licitación da construcción e explotación permitindo que estes cartos financiasen outras obras como o Centro Sociocultural de Ortoño ou a dársena de autobues do CEIP Agro do Muíño.

o Bloque lamenta que non se contemple ningunha actuación no rural
O BNG lembra que todos os proxectos que pagará este Fondo Estatal estaban recollidos no Orzamento do 2008, do que non foron executadas o 90% das obras. Por iso, o Bloque sinala que aínda que este Fondo Estatal consiga disimular o fracaso absoluto do orzamento, a realidade é que as contas presentadas polo Psoe eran irreais e faltas de rigor.

aínda que este Fondo Estatal consiga disimular o fracaso absoluto do orzamento, a realidade é que as contas presentadas polo Psoe eran irreais e faltas de rigor
O Pleno condena o ataque israelí contra Gaza, a proposta do BNG


O Pleno de onte condenou por unanimidade o ataque israelí contra o pobo de Gaza ao apoiar unha moción que o BNG presentou por vía de urxencia. Na súa proposta, o Bloque rexeita os bombardeos e invasión levados a cabo polo exército de Israel.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]