O Concello de Oroso consegue que a Deputación se comprometa á construción dunha senda peonil entre Sigüeiro e Porto Avieira no 2009.
Oroso, 29 de novembro de 2008. O Concello de Oroso consegue que a Deputación de A Coruña se comprometa á construción dunha senda peonil que una Sigüeiro con Porto Avieira.
Tamén faremos beirarrúas en SenraDeste xeito damos un paso máis no noso proxecto de conectar ás parroquias co núcleo de Sigüeiro e que os nosos veciños teñan uns lugares seguros polos que pasear, apunta o Concelleiro do BNG e Tenente Alcalde Xosé Manuel Pérez.
A esta seguridade tamén axudarán outros elementos que incrementarán a seguridade vial na zona como a instalación de catro semáforos, con pulsador de peóns, nas proximidades do colexio.
Tamén podemos anunciar que se van rematar os aproximadamente 500 metros de beirarrúas que quedan por facer na Avenida da Grabanxa, e que estaban a espera de negociacións cos veciños propietarios de algúns dos terreos polos que van estas beirarrúas.
Desde a Concellaría nacionalista do Concello de Oroso tamén queremos anunciar que ao longo do 2009 comezarán as obras de beirarrúas en Senra.