O BNG propón a pleno dez proxectos para financiar co Fondo Estatal

Despois de que o goberno local non aceptase a proposta do BNG de chegar a un acordo entre os tres grupos da corporación para presentar unha proposta consensuada das obras a financiar polo Fondo de Inversión Estatal, o BNG ven de presentar unha moción ao vindeiro pleno ordinario para que se inclúan un total de dez obras prioritarias para o Concello. O BNG propón un reparto equilibrado dos Fondos entres os dous núcleos urbanos e o rural.

O goberno do PSOE non deu resposta á proposta de consenso do Bloque
Entre a decena de obras prioritarias para o Bloque, está o Parque Recreativo Central do Milladoiro, a urbanización da Travesía do Porto, a dársena de autobuses do CEIP Agro do Muíño, un centro sociocultural en Ortoño ou actuacións de saneamento no rural.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]