O BNG denuncia os reiterados cortes de luz
Fenosa debe explicar as causas dos cortes de luz e garantir que non se repitanO Grupo Municipal do BNG de Ames dirixiuse ao Delegado Provincial da Consellaría de Industria para informarlle dos recentes e reiterados cortes no subministro de enerxía eléctrica sufridos no concello de Ames, concretamente nas parroquias de Ortoño, Bugallido e Biduído. O Bloque solicitou ao Delegado Provincial, Luis Barcia, que demande de Fenosa a información polas causas reais deste cortes de luz e lle esixa que non se repitan.
Os cortes de luz producíronse os pasados días 6, 9, 13 e 14 de decembro –ademáis doutros do mes de novembro- provocando consecuencias perxudicias para a vida cotiá dos veciños e veciñas: portalóns que non abren, cociñas que non funcionan, productos de alimentación que se deterioran, electrodomésticos que se averían… Sen esquecer os efectos económicos negativos desta situación para os comercios que incluso non puideron abrir as súas portas ao público.
O investimento de Fenosa en infraestructuras non se corresponde co crecemento de Ames
Ante esto, as respostas de Unión Fenosa acostuman a ser totalmente insatisfactorias e non aportan solucións nin garantías. Para o BNG, a causa destes cortes no subministro é que os investimentos da compañía en infraestruturas non se correspondan co gran crecemento urbanístico de Ames provocando un servizo deficitario aos usuarios.
A solucitude de mediación ante Unión Fenosa tamén foi remitida ao Alcalde de Ames para que pida as explicacións pertinentes á compañía e lle esixa que non se repitan os cortes no subministro eléctrico.