O alcalde de Frades rexeita as propostas de arranxo de varias pistas
Nun pleno onde tomou posesión o novo concellal do BNG, Manuel Míguez Vilaverde, que ven a substituír a anterior cabeza de lista Soedade García Freire - quen abandonara o seu cargo por motivos persoais – o alcalde de Frades, Miguel Prado, veio a dar unha nova mostra de autoritarismo ao non aceptar as proposta realizadas pola formación nacionalista cara o POS do 2009. José María, o edil que defendeu as propostas, reclamou o arranxo da pista que vai da Aldea do Vilar á Ponte Pinguela e a pista que se estende de Papucín (Aldea do Vimieiro) á Figueira. Ambas ás dúas con importantes deficiencias no firme.
Miguel Prado rexeitou categoricamente tomar en consideración as propostas realizadas e afirmou que as propostas realizadas polo grupo nacionalista só tiñan o obxectivo de enredar, obviando completamente os intereses dos veciños das mencionadas aldeas. O alcaldes esixiu a José María que formulara as propostas cun proxecto xa redactado, algo que o BNG considerou unha burla fora de lugar por parte do alcalde, xa que estase a falar da idoneidade de incluír as anteditas obras no POS e lembra que as organización políticas de Frades non dispoñen de asignación do Concello para realizar esas labores.
O BNG porá estes feitos en coñecemento dos veciños e veciñas afectados para que sexa a propia cidadanía que xulgue a actuación de Miguel Prado.