O Pleno non considera urxente o desbordamento de augas fecais en Trobe

O Alcalde de Vedra ven de rexeitar as mocións presentadas polo BNG e deixa a varios veciños e veciñas de Trobe nunha situación de perigo sanitario ao desentenderse das vivendas que ocupan, que contan con licenza de ocupación facilitada polo concello. Para Odón Cobas non é urxente a situación destes cidadáns e non considerou necesario debater a actuación do Concello nesta cuestión, nin buscar solucións ao problema. Co apoio de Terra Galega optou por manter nunha situación insostible e rexeitar a proposta realizada por Fina Guitian, portavoz do BNG.

 

Por outro lado, o pleno si que aceptou a moción presentada para a realizar unha nova comvocatoria para a praza de limpador de locais públicos. Nembargante, e sorprendentemente, despois de aceptar a moción de urxencia, negouse a cumprir o acordado no pleno de marzo deste ano, segundo o cal as bases das convocatorias de prazas que se realicen desde o concello deben estar acordadas en pleno. A portavoz do BNG, Fina Guitián, considera intolerable que 8 meses despoís da adopción dun acordo plenario, o grupo de goberno poña excusas para o seu cumprimento, tratando de pasar por riba das potestades do Pleno. A convocatoria de bases para unha nova praza de limpador/a foi rexeitada co apoio, unha vez máis, da abstención de Terra Galega.

 

Para o Bloque Nacionalista Galego, isto evidencia o claro talante autoritario de Odón Cobas e amosa un seguidismo dificilmente explicable por parte de Terra Galega.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]