Pablo Villamar, Vicepresidente da Deputación, xúntase cos Empresarios de Val do Dubra.
O Vicepresidente, Pablo Villamar e o Portavoz municipal, Antonio Negreira
O mantemento desta vía debera estar en mans da Xunta de GalizaOs deputados nacionalistas, Pablo Villamar e Xoán Cabo, responsábel da Área de Asistencia e Cooperación cos Concellos aproveitaron unha visita institucional ao Concello de Val do Dubra o día de onte para manter unha xuntanza cos Empresarios de Val do Dubra na localidade de Bembibre.
Os empresarios aproveitaron para reclamar a introdución da estrada Santiago-Carballo no Plan de Estradas de Galiza. Segundo a asociación esta estrada, que a día de hoxe está en mans da Deputación soporta un alto fluxo de circulación e non esta en condicións de soportar o paso de vehículos pesados. Agravado, se cabe polo feito de ser a única vía de enlace entre a comarca de Bergantiños e a capital de Galiza.
Segundo apuntou Pablo Villamar, esta estrada é a vía provincial que máis tráfico soporta e precisa un mantemento que dende a propia Deputación é moi difícil acometer. Entende, en calquera caso que a xestión e o mantemento desta vía debera estar en mans da Xunta de Galiza.
Por outra banda aproveitaron para manifestar unha reivindicación dos empresarios en Bembibre; a adecuación e mantemento do casco urbano. O estado de deterioro e a pouca atención que recibe a falta de infraestruturas e mesmo a inexistencia de semáforos ou sinais luminosas, provoca unha imaxe mala e pouco acolledora da vila.
ADEA achegoulle aos deputados a súa intención de seguir coa celebración da Feira que se celebra no mes de Abril e que tan boa acollida tivo nos últimos anos.
Así mesmo, tanto Pablo Villamar como Xoán Cabo deron conta das diferentes actuacións que a Deputación vai realizar no concello de Val do Dubra, entre as que destacaron a travesía de Paramos. Esta actuación, incluída no Plan Provincial de Travesías, ascende a case 1 millón de euros.