O BNG de Ames reclama o mantemento das oficinas de I+B. En Bertamirans funciona unha que atende á comarca.
O Pleno da Corporación Municipal debatirá este xoves unha moción do BNG, instando á Xunta de Galiza a que manteña abertas e funcionando as oficinas comarcais de Igualdade e Benestar (I+B), coas funcións actuais en materia de familia, igualdade, menores e inclusión social.
En Ames ven funcionando unhas destas oficinas de I+B, asentada en Bertamiráns, e que dá servizo tamén a usuarios de outros concellos. Esta oficina está coordinada cos servizos soiciais municipais, e a súa eliminación suporía un paso atrás na atención sociosanitaria aos veciños e veciñas dos concellos que atende.
A moción do BNG tamén insta ao Goberno Autonómico a da continuidade ao proceso de consolidación de emprego para as traballadoras e traballadores das oficinas de I+B.
A Conselleira de Traballo e Benestar e a Secretaria Xeral de Familia e Benestar seguen a deitar dúbidas sobre o futuro destas oficinas e das súas traballadores e traballadores.
A Xunta ameáza con pór fin a unhas oficinas que, desde un punto de vista integral e multidisciplinar, supuxeron unha clara melloría na prestación dos servizos sociais.E no canto de as afortalar dando continuidade a un proceso de consolidación de emprego para os seus traballadores e traballadoras ,Xunta do PP pretender eliminar este servizo público.