O BNG considera a sentencia como unha oportunidade para a ampliación de equipamentos no Milladoiro

Ames. 2 de novembro de 2009. O BNG considera que se debe utilizar a aplicación da sentencia do TSXG, anulando o Plan Parcial do S-15, para ampliar a dotación dos equipamentos públicos pendentes no Milladoiro ( Centro Saúde, Centro de dia, Parque Recreativo, Parcela dun novo Ceip …) e ademais facelo nunha zona céntrica do núcleo urbano.

Esta sentencia evidencia a necesidade de adecuación do planeamento urbanístico no concello de Ames, á actual normativa autonómica, adecuación que a desde a Concellaría de Urbanismo se ven pospoñendo ano tras ano, por falta de xestión.

Por outra parte, os continuos cambios producidos polo Partido Popular na normativa urbanística provocan constantes situacións de inseguridade xurídica, cuxas consecuencias teñen que sufrir tanto os axentes urbanísticos como os cidadáns e cidadás.

Ao BNG preocupalle que se retrase a construción do novo Centro de Saúde do Milladoiro, e que a Xunta de Galiza utilice este “pretexto” para adiar indefinidamente unha dotación sanitaria tan necesaria para os veciños e veciñas deste núcleo urbano.

En ningun caso, esta situación debe comprometer os investimentos previstos no Milladoiro, e o Goberno Municipal debe axilizar ao máximo a súa actuación para que os veciños e veciñas do Milladoiro non sexan as vítimas desta situación.

O BNG lembra o seu posicionamento, no seu dia, contrario ao PXOM de Ames que foi aprobado en solitario no 2002 polo Partido Popular. E xa daquela denunciamos a escandalosa edificabilidade que se atribuía a determinados sectores urbanísticos no Milladoiro, como o S-14 ou o S-15.

O BNG remitiu un escrito ao alcalde Carlos Fernández pedindo a convocatoria dunha reunión da Xunta de Portavoces, na que o Goberno Municipal de conte da situación e das iniciativas que pensa tomar.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]