O Pleno apoia a moción do BNG de apoio aos veciños de Tarrio.

O Pleno da Corporación Municipal de Ames aprobou a moción do BNG apoiando aos veciños de Tarrio na súa demanda de un servizo público de transportes.


O BNG considera, na moción aprobada, que as demandas dos veciños de Tarrio son xustas e factibles, e reclama que se solucionen os problemas técnicos para a implantación do servizo. Asi mesmo o Pleno aprobou dirixirse á Xunta para que inste á empresa concesionaria a que comece a prestar o servizo recollido no Plan de Transporte Metropolitano de 2006.

Seguen sen convocarse as axudas escolares e de familia numerosa.

Ainda que o Goberno Municipal adxudicou esta semana algunha das subvencións deste ano, seguen sen resolverse nen convocarse varias delas. As de familia numerosa do ano pasado aínda non se resolveron, as de este ano non se convocaron e na mesma situación, sen convocar, seguen as de material escolar e transporte escolar, asi como as de promoción do comercio, ou investimentos nos nucleos rurais.

O BNG estima que máis de dous centenares de familias son as afectadas polo retraso da convocatoria das axudas escolares, e máis de setenta as afectadas polo retraso das axudas de familia numerosa. Este retraso na convocatoria pode provocar que moitas familias xa non conten con xustificantes das compras o mesmo, cansados de agardar, desistan de solicitalas.

“ E inconcebible que a pesar da importante deste asunto para centenares de familas amienses, o PSOE e o Alcalde se neguen a debater este asunto no Pleno” afirmou Municipal, Xosé M. Fernández .

O BNG apoia o POS 2010, pero reclama un Plan Global de infraestruturas municipais.

O BNG apoiou no Pleno a proposta de obras presentada para o POS 2010, pero botoulle en cara ao Goberno Municipal a carencia dun Plan global de infraestruturas municipais. Dubidou da prioridade de varias destas obras, e preguntoulle ao concelleiro de obras porque non volveu a convocar, desde hai dous anos, a Comisión de Infraestruras creada para consensuar entre os tres grupos un Plan de Obras Municipais.

PP e PSOE rexeitan pedir a continuación das oficinas de Igualdade Benestar.


O voto en contra do Partido Popular e a abstención do Psoe impediron que prosperase no Pleno o apoio ás oficinas de Iguladade e Benestar creadas polo Consorcio, e que prestan un importante labor de apoio á infancia, á adolescencia e ás familias. Precisamente unha destas oficinas, con carácter comarcal, está radicada en Bertamiráns ( Ames) .

O pretensión da Xunta de desmantelar esta rede pública, e a privatizar os servizos prestadas polas mesmas provocará o despido dos traballadores e traballadoras que veñen desempeñando o seu traballo nestas oficinas.

O BNG acusou ao PP de pretender privatizar estes servizos, e lamentou a ambiguidade do Partido Socialista.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]