Os veciños de Bugallido reclaman que se reanuden as obras da Rotonda da Bola

Veciños e veciñas consideran que a Deputación debe dar explicacións dos motivos que provocaron a paralización da obra

Ames, 23 de novembro de 2009. O BNG de Ames convocamos onte unha xuntanza cos veciños de Bugallido para, entre todos, decidir que iniciativas levar a cabo para demandar da Deputación a reanudación e finalización das obras na Rotonda da Bola. Os traballos comezaron en xuño e o proxecto tiña un prazo de execución de catro meses, sen embargo, as obras paralizáronse no mes de agosto e así continúan a día de hoxe.

As obras paralizáronse no mes de agosto e así continúan a día de hoxe
A situación supón graves molestias para os cidadáns ademáis da perigosidade engadida pola falta de sinalización e iluminación actual. Por todo isto, os veciños e veciñas consideran que a Deputación, responsable da obra, debe dar explicacións dos motivos que provocaron a súa paralización e con este fin, solicitarán unha reunión co Deputado responsable de Obras.

Os veciños comezaron unha recollida de sinaturas para solicitar a reanudación dos traballos e a finalización da obra
Ademáis, no mesmo día de onte, comezaron unha recollida de sinaturas para solicitar a reanudación dos traballos e a finalización da obra, a proposta do BNG. Unha vez levadas a cabo estas iniciativas, convocaremos outra xuntanza para valorar os resultados e, no seu caso, decidir novas mobilizacións.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]