O BNG reclama do goberno municipal a devolución dos cartos da venda da madeira do MVMC “Costa do Sal"
A concelleira nacionalista Pura Ferreño Saia ven de presentar unha moción para instar ao goberno municipal de Coirós a que devolva ás veciñas e veciños de Ois os cartos da venda da madeira talada despois dos incendios de agosto do 2006.
"Despois de moitos anos de traballo as veciñas e veciños de Ois estanlle a dar unha lección ao goberno do Partido Popular e son un exemplo para o resto de parroquias nas que tamén hai montes veciñais que este goberno se empeñou en usurpar”.En outubro de 2006 o grupo municipal do BNG viña de presentar unha moción para que a venda se fixera mediante oferta pública e adxudicación transparente e que os cartos foran depositados nunha conta á espera da resolución do contencioso que tiñan a Xunta Promotora e o Concello. Tamén daquela se instaba ao goberno municipal a que deixara de litigar contra os veciños.
En Abril do 2008, nas alegacións que o grupo nacionalista presentou ao Plan Parcial para o desenvolvemento industrial do sector 2I-2 na Anta lembrábaselle ao goberno municipal que estaba a facer uso duns terreos nos que a titularidade estaba pendente de resolución.
A día de hoxe, e unha vez que a sentenza é firme e favorábel á recuperación da xestión comunitaria do monte, o BNG ven de presentar unha moción para que o goberno municipal poña a disposición da Xunta Promotora do MVMC “Costa do Sal” os cartos da venda da madeira queimada no ano 2006. Na mesma tamén se indica a necesidade de facilitar toda a documentación de proxectos e obras previstos neses terreos para que sexan as veciñas e veciños quen xestionen o que alí se deba facer.
Así mesmo a voceira nacionalista felicita ás veciñas e veciños de Ois polo esforzo persoal e económico realizado ao longo destes anos. Segundo as súas palabras “ despois de moitos anos de traballo as veciñas e veciños de Ois estanlle a dar unha lección ao goberno do Partido Popular e son un exemplo para o resto de parroquias nas que tamén hai montes veciñais que este goberno se empeñou en usurpar”.
Novas relacionadas:
http://webvella.bng-galiza.org/servlet/ContentServer?pagename=R&c=Articulo&cid=1209520363244&pubid=1173799784263&idm=Galego