O BNG demanda transparencia na contratación das patrullas de limpeza
Coirós, 15 de xullo de 2011.- A portavoz nacionalista Pura Ferreño Saia levou ao pleno do día 14 de xullo unha serie de preguntas para aclarar cómo se teñen feito as contratacións do persoal que forma parte das patrullas de limpeza do Concello de Coirós.
Cuestións coma o proceso de constitución das cuadrillas, o tipo de contrato, cántas persoas se presentaron, quén fixo a selección e en base a qué criterios ou con qué medios económicos e materiais contan foron prantexadas pola voceira do BNG sen obter respostas aclaratorias, nomeadamente no proceso de publicidade da convocatoria e contratación dos axentes.
O BNG demanda máis publicidade para este tipo de convocatoriasComo en ocasións anteriores o BNG denunciou falta de transparencia e ausencia total da publicidade adecuada desta convocatoria para que todas as veciñas e veciños de Coirós demandantes de emprego puideran ter a opción de ter participado no proceso selectivo.
Sen minosvalorar ás persoas que hoxendía forman parte destes equipos o BNG demanda máis publicidade para este tipo de convocatorias de xeito que todas as persoas con idade, formación e a aptitude necesarias poida optar a estas e outras prazas nuns tempos nos que son moitas as familias nas que varios membros se atopan en situación de desemprego.