O traballo do BNG no Congreso é útil para Coirós
Coirós, 9 novembro 2011.- O candidato do BNG pola provincia da Coruña, Francisco Jorquera, levou ao Congreso as reivindicacións veciñais sobre seguridade viaria en todo o concello de Coirós e, nomeadamente no perigoso cruce de Queirís.
Franisco Jorquera na xuntanza coas veciñas e veciños de Coirós
Apoiar ao BNG é garante de que Galiza estará presente nos debates do EstadoA día de hoxe o proxecto atópase parado e nin o goberno local do PP nin o Ministerio de Fomento mostraron interese por atender as demandas veciñais.
Esto non é máis que un exemplo do traballo desenvolvido polos nacionalistas. O BNG foi o único grupo político que mantivo a mesma postura en Madrid, Santiago ou en Coirós: a defensa do benestar e dos intereses das persoas. Demostrouse útil para defender unha saída social á crise, para impulsar políticas ao servizo das mariorías sociais priorizando o estado do benestar fronte aos intereses dos especuladores.
Apoiar ao BNG asegura a defensa dunha orientación progresista nas políticas do Estado e tamén que as galegas e os galegos teñamos voz e peso político en Madrid.
No documento adxunto podes atopar información máis detallada.