Por iniciativa do BNG o Pleno Municipal de Coirós aproba unha moción para o control das comisións bancarias
Coirós, 12 de setembro de 2011.- O pleno municipal do pasado día 9 de setembro ratificou unha moción do BNG para solicitar dos gobernos da Xunta de Galiza e do Estado o control das comisións bancarias.
A voceira nacionalista Pura Ferreño Saia defendeu ante o pleno que non teñen xustificacíon as taxas abusivas que as usuarias e usuarios de bancos e caixas deben satisfacer polas operacións que alí realizan, nomeadamente nesta época de crise. Mentras os beneficios das entidades financeiras ascenderon no primeiro trimestre do ano a 3.174 millóns de euros estase negando financiamento a moitas pequenas e medianas empresas e particulares, imposibilitando en moitos casos a súa viabilidade.
Estas comisións, unha vez máis, veñen a afectar duramente ás clases traballadoras e aos pequenos aforradores. É pois de interese publico actuar fronte a estes abusos e que tanto a Xunta de Galiza coma o goberno do Estado artellen as medidas lexislativas necesarias para evitar que as entidades financeiras manteñan estes cobros abusivos.
"O PP non quixo manifestarse en contra da suba desproporcionada e inxustificada dos prezos medios dos inmobeis rústicos e urbanos"Non tivo a ben pola contra o goberno municipal de Coirós manifestarse contrario á suba das novas valoracións catastrais para bens urbanos e rústicos que ven de publicarse no DOG do 19 de agosto. Esta orde grabará fortemente as transmisións patrimoniais utilizando un prezos medios absolutamente alonxados da realidade. Curiosamente o alcalde do PP Francisco Quintela manifestouse de acordo cós argumentos expostos pola portavoz do BNG mais dixo non apoiar a moción por entender que a orde non era definitiva.
Segundo palabras da voceira nacionalista Pura Ferreño “Unha vez máis o alcalde Francisco Quintela e o seu grupo antepoñen os intereses partidarios aos das veciñas e veciños”