O BNG de Coirós demanda un debate público coa participación de todas as forzas políticas
Coirós, 23 de Abril de 2011.- Ante as vindeiras eleccións locais o BNG considera indispensábel que as veciñas e os veciños coñezan as distintas propostas para decidir a quén dar o seu apoio dun xeito razonado e consciente.
Edificio Usos Múltiples de Coirós
"O BNG defende a participación veciñal na vida política do concello"É por iso que chegado este tempo de campaña electoral o BNG considera indispensábel para o bo funcionamento democrático do concello a realización dun acto público facilitando a asistencia de toda a veciñanza. O mellor lugar sen dúbida será o Salón de Actos do Edificio de Usos múltiples situado no Cruceiro na parroquia de Coirós tanto polo seu aforo coma polo emprazamento.
"O candidato do PP non quere dar a cara nin confrontar propostas"A día de hoxe a candidata nacionalista non ten recibido contestación á súa proposta de debate. “Está claro, afirma Pura Ferreño, que o candidato do PP non quere dar a cara nin confrontar propostas. Non só eluden as súas responsabilidades senon que tamén pretenden impedir que o BNG achegue as súas propostas ás veciñas e veciños” .