A Coruña, 6 de agosto de 2012.- O Grupo Municipal do BNG rexeitou no Pleno desta mañá o modificativo de crédito de 3.900.000 euros, nun contexto de brutal recesión que, tal e como expuxo a concelleira Ermitas Valencia, provocará a diminución do PIB en 2 puntos. Fixo alusión Valencia ás máis de 23.000 persoas que se atopan no desemprego só na cidade da Coruña, cifra que aumenta ás 38.000 se falamos da área metropolina, ao que engadiu os recortes aos empregados públicos e a baixa capacidade de consumo, que ameaza con pechar centos de comercios de locais de hostalaría e que prexudicarán o xa débil tecido industrial da Coruña.
A Coruña, 6 de agosto de 2012.- Outros dos asuntos debatidos esta mañá en Pleno, a aprobación definitiva da cesión gratuíta á Xunta de Galiza da Fábrica de Tabacos, a aprobación do cambio de usos do centro comercial de Elviña e a aprobación da modificación do plan parcial de Someso, contaron co voto en contra do Grupo Municipal do BNG, ao entender que estas decisións prexudican o interese xeral da cidadanía.
A Coruña, 5 de agosto de 2012.- A concelleira do BNG Ermitas Valencia considera un despropósito que o Goberno local vaia malgastar 70.000 euros en contratar a dedo unha consultora para enquisar comerciantes e veciños da Agra do Orzán co fin de marcar unha estratexia que axude ao pequeno e mediano comercio da zona. Lembra Valencia que o Sr. Negreira suprimiu do programa Urbana C as axudas directas e a fondo perdido a comercio, hostelaría e talleres de automoción do barrio para destinar eses cartos a unha aula virtual de busca de emprego da que nada sabemos.
A Coruña, 6 de agosto de 2012.- "Os promotores inmobiliarios de sempre, deben estar encantadísimos con vostedes, xa que poderán campar as súas anchas onde lles apeteza", así comezaba a concelleira do BNG Ermitas Valencia a súa intervención para expoñer o voto en contra dos nacionalistas á aprobación provisional do PXOM. Valencia acusou o PP de "teimar con mentiras no modelo urbanístico fracasado de Paco Vázquez, regalándolle a cidade aos especuladores". "O PP segue ao pé da letra a mesma política urbanística do PSOE, que non é outra que a que lle ditan as promotoras inmobiliarias", salientou. [...]
O BNG alerta das gravísimas consecuencias da reforma constitucional, que desmantelará as políticas sociais e privatizará os servizos públicos [...]
O BNG advirte de que a Xunta xa denunciaba no 2007 o incremento de alturas e de edificabilidade da modificación do Plan Parcial de Eirís [...]
O Goberno local pretende regalarlle 17 pisos de máis a Fontenla [...]
O BNG presenta unha moción na que insta a condenar o franquismo, a retirarlle os títulos aos golpistas e a retirar toda a simboloxía franquista [...]
Carril insta a Negreira a deixar de actuar de comisario político do PP [...]
O Goberno local segue a impedir a visita do Grupo Municipal do BNG á planta de Nostián [...]
Carril fai pública a última declaración da renda [...]
DESCARGA O PROGRAMA ELECTORAL DO BNG [...]
O BNG presenta as propostas elaboradas en conxunto coa veciñanza dos Rosais e de Palavea [...]
O BNG propón un Plan Integral de Inclusión Social na Coruña [...]
Carril: “O poder civil ten que respectar as crenzas, mais non pode porse aos pés da Igrexa” [...]
Valencia: “O BNG é a única forza política que aposta pola xente moza” [...]
Debate en RadioVoz entre Carril, Losada e Negreira [...]
Carril pídelle a Chacón que Defensa deixe de especular cos terreos e instalacións militares da Coruña [...]
Carril: “As persoas que se sintan galegas e de esquerdas só teñen un voto útil o 22 de maio: o BNG” [...]
Carril insta a Guerra a deixarse de “foguetes de artificio” e a poñerse a traballar en defensa do pequeno comercio [...]
Bravo: “Todo o peso das actividades extraescolares non pode reacer sobre os pais e nais” [...]
Valencia: “As políticas de Mocidade serán transversais para facilitar o acceso á vivenda e para promover o emprego entre a xente nova” [...]
"Os ataques de Francisco Vázquez tómoos como un eloxio para Carril", di Guillerme en V Televisión [...]
Carril: “Mentres PSOE e PP se preocupan pola solvencia dos bancos, o BNG preocúpase pola solvencia das persoas” [...]
Carril: “O BNG preséntase con este programa como a única forza que vai garantir que non haxa políticas de dereitas no Concello da Coruña” [...]
O BNG presenta desde o mar a súa candidatura como o garante da defensa do emprego digno e dos servizos públicos [...]
O BNG defende que “o importante non son os terreos da Fábrica de Armas, senón asegurar a actividade industrial e o mantemento dos postos de traballo” [...]
O BNG fará da cultura a marca da cidade [...]
Carril: “A sustentabilidade tamén pode crear postos de traballo” [...]
O BNG propón aumentar o gasto social no Concello da Coruña [...]
O BNG presenta o programa electoral que elaborou conxuntamente cos movementos sociais [...]
O BNG aposta por que os concellos traballen conxuntamente a prol da creación de emprego e da reactivación da economía [...]