O BNG denuncia o uso do topónimo ilegal "La Coruña" nun novo conxunto escultórico

A Coruña, 18 de maio de 2012.- O Grupo Municipal do BNG denuncia o uso do topónimo ilegal deturpado da cidade nas catro caras do conxunto escultórico que esta tarde inaugurará o alcalde na glorieta sutuada entre as rúas Ronda de Nelle, Gregorio Hernández e Eduardo Dato. Os nacionalistas consideran unha falta de respecto que o Goberno local empregue o topónimo ilegal "La Coruña" precisamente un día despois do lavado de cara do PP co Día das Letras.

 A nova ordenanza municipal de antenas pode e debe estabelecer distancias de seguridade das antenas ás zonas sensíbeis (colexios, hospitais, zonas verdes públicas)

A Coruña, 18 de maio de 2012.- A xurisprudencia dos tribunais confirmando a competencia dos concellos para estabelecer distancias de seguridade NON CAMBIOU, razón pola que o Grupo municipal do BNG considera que o Concello da Coruña ten competencias para marcar distancias de seguridade das antenas ás zonas sensíbeis (colexios, hospitais, zonas verdes públicas) e debe seguir mantendo a obrigatoriedade de que as operadoras compartan soportes e de que as estacións de telefonía móbil cumpran co plan de implantación das operadoras.

 O BNG denuncia a persecución do Goberno local aos mercados de troco na Coruña

A Coruña, 18 de maio de 2012.- A concelleira do BNG Ermitas Valencia rexeita a persecución do Goberno local aos mercados de troco que se organizan cada fin de semana na cidade. O pasado sábado, precisamente coincidindo co Día do Comercio Xusto e do Consumo Responsábel, a policía local (tal e como se pode comprobar nesta ligazón http://www.ustream.tv/recorded/22528994) desmantelou o mercado de troco que cada mes organizan un grupo de mozas e mozos da Agra do Orzán que pertencen á Asemblea do 15-M.

O BNG denuncia as mentiras, chapuzas e sorpresas da actuación do Goberno local do PP en relación coa Mariña-Parrote

A Coruña, a 18 de maio de 2012. En relación coas declaracións do Goberno Municipal sobre a dársena e o Parrote, o Grupo Municipal do BNG quere precisar o seguinte.  [...]

teletipos

  • O BNG alerta das gravísimas consecuencias da reforma constitucional, que desmantelará as políticas sociais e privatizará os servizos públicos [...]

  • O BNG advirte de que a Xunta xa denunciaba no 2007 o incremento de alturas e de edificabilidade da modificación do Plan Parcial de Eirís [...]

  • O Goberno local pretende regalarlle 17 pisos de máis a Fontenla [...]

  • O BNG presenta unha moción na que insta a condenar o franquismo, a retirarlle os títulos aos golpistas e a retirar toda a simboloxía franquista [...]

  • Carril insta a Negreira a deixar de actuar de comisario político do PP [...]

  • O Goberno local segue a impedir a visita do Grupo Municipal do BNG á planta de Nostián [...]

  • Carril fai pública a última declaración da renda [...]

  • DESCARGA O PROGRAMA ELECTORAL DO BNG [...]

  • O BNG presenta as propostas elaboradas en conxunto coa veciñanza dos Rosais e de Palavea [...]

  • O BNG propón un Plan Integral de Inclusión Social na Coruña [...]

  • Carril: “O poder civil ten que respectar as crenzas, mais non pode porse aos pés da Igrexa” [...]

  • Valencia: “O BNG é a única forza política que aposta pola xente moza” [...]

  • Debate en RadioVoz entre Carril, Losada e Negreira [...]

  • Carril pídelle a Chacón que Defensa deixe de especular cos terreos e instalacións militares da Coruña [...]

  • Carril: “As persoas que se sintan galegas e de esquerdas só teñen un voto útil o 22 de maio: o BNG” [...]

  • Carril insta a Guerra a deixarse de “foguetes de artificio” e a poñerse a traballar en defensa do pequeno comercio [...]

  • Bravo: “Todo o peso das actividades extraescolares non pode reacer sobre os pais e nais” [...]

  • Valencia: “As políticas de Mocidade serán transversais para facilitar o acceso á vivenda e para promover o emprego entre a xente nova” [...]

  • "Os ataques de Francisco Vázquez tómoos como un eloxio para Carril", di Guillerme en V Televisión [...]

  • Carril: “Mentres PSOE e PP se preocupan pola solvencia dos bancos, o BNG preocúpase pola solvencia das persoas” [...]

  • Carril: “O BNG preséntase con este programa como a única forza que vai garantir que non haxa políticas de dereitas no Concello da Coruña” [...]

  • O BNG presenta desde o mar a súa candidatura como o garante da defensa do emprego digno e dos servizos públicos [...]

  • O BNG defende que “o importante non son os terreos da Fábrica de Armas, senón asegurar a actividade industrial e o mantemento dos postos de traballo” [...]

  • O BNG fará da cultura a marca da cidade [...]

  • Carril: “A sustentabilidade tamén pode crear postos de traballo” [...]

  • O BNG propón aumentar o gasto social no Concello da Coruña [...]

  • O BNG presenta o programa electoral que elaborou conxuntamente cos movementos sociais [...]

  • O BNG aposta por que os concellos traballen conxuntamente a prol da creación de emprego e da reactivación da economía [...]

tele bng