Novas

  

O BNG considera un despropósito a eliminación da medianeira da Avda de Oza, que non responde a razóns legais, nin técnicas nin de seguridade

A Coruña, 1 de agosto de 2012.-  O Grupo Municipal do BNG volve advertir de que as obras da avenida de Oza representan un despropósito que só responden ao cumprimento dunha promesa electoral do PP. E é que non hai razóns legais nin técnicas nin de seguridade que xustifiquen o levantamento da mediana desta avenida. Nesta liña, os nacionalistas lamentan que o Goberno do Sr. Negreira recorra ao alarmismo só para cumprir un capricho electoral.  [+]


Valencia ironiza con que Negreira é o campión da austeridade: 500.000 euros en 4 días de Tall Ships Race, 500.000 euros para un partido amigábel de baloncesto e máis de 1 millón en festas

A Coruña, 1 de agosto de 2012.-  Vistos os datos do modificativo de crédito, a concelleira Ermitas Valencia preguntáse onde fica a austeridade da que presumía o PP. "Austeridade para as maiorías sociais, para as persoas dependentes, para as desempregadas, para estudantado, funcionariado... si, mais non para os promotores e os amigos do PP", indicou. Así, ironizou con que o Sr. Negreira é "o campión da austeridade" con 500.000 euros que afundirá en catro días de Tall Ships Race, con outros 500.000 euros afundidos nun partido amigábel da selección española de baloncesto e con máis de 1 millón de euros dilapidados en festas.   [+]


O propio Busquets alerta de que os mamotretos na península da Torre representan unha solución arriscada

A Coruña, 1 de agosto de 2012.- A concelleira Ermitas Valencia e o concelleiro Xan Caxigal participaron esta tarde na reunión con Busquetes, quen, en resposta a unha pregunta do BNG, alertou de que os mamotretos que o PP pretende construír na península da Torre representan unha solución arriscada que podería non ser aceptada por Patrimonio. E é que se confirmou o que esta mañá revelou o BNG: que o Goberno local lle remitiu a Patrimonio a aberración que pretende facer na Torre o 20 de xullo e que a Xunta de Galiza non deu a súa conformidade. [+]


Ao BNG non lle consta que a barbaridade que o Sr. Negreira vai acometer na península da Torre conte con informe favorábel de Patrimonio

A Coruña, 1 de agosto de 2012.- A concelleira do BNG Ermitas Valencia debullou esta mañá en rolda de prensa novos aspectos do PXOM que vai ser levado o Pleno a vindeira semana. Desta vez, a nacionalista denunciou que a barbaridade que o Sr. Negreira pretende acometer na península da Torre de Hércules non conta con informe favorábel da Consellaría de Cultura. "A aberración do Goberno local foille remitida a Patrimonio o 20 de xullo, mais na documentación que se nos entregou non consta que a Xunta de Galiza dese a súa conformidade", explicou. E avanzou que os nacionalistas preguntarán sobre este asunto na reunión desta tarde con Busquets. [+]


O dispendio do Goberno do Sr. Negreira non ten fin: "o PP dilapida en festas e regatas e os coruñeses e coruñesas pagan"

A Coruña, 31 de xullo de 2012.- De auténtico dispendio e propio da improvisación en que está instalada o Goberno do Sr. Negreira. Así cualificou a concelleira nacionalista Ermitas Valencia o novo modificativo de crédito de case 4 millóns que vai aprobar o Goberno local, o segundo desde que comezou o ano.  [+]


O BNG denuncia que o PXOM incorpora un pelotazo espectacular no porto en beneficio dos promotores e da Autoridade Portuaria

A Coruña, 28 de xullo de 2012.- Aos poucos, o Grupo Municipal do BNG vai coñecendo novas barbaries urbanísticas derivadas das modificacións do PXOM que vai aprobar inicialmente o Goberno do Sr. Negreira. Precisamente esta mañá, os nacionalistas recibían a documentación (a escasos días de se celebrar o Pleno, do que aínda a oposición descoñece a data) e eran convocados a unha reunión con Busquets que terá lugar na tarde de mañá.   [+]