Novas

  

Valencia: "O fracaso estrepitoso e a falta de ideas do Sr. Negreira á fronte da Coruña lévano a inaugurar aulas que levan anos abertas"

A Coruña, 3 de agosto de 2012.- A concelleira do BNG Ermitas Valencia denuncia que “a inoperancia do Goberno do Sr. Negreira está a levalo a facer un ridículo espantoso, inaugurando como proxecto novo na Coruña unha aula Cemit do Concello da Coruña, cando xa hai unha aula que leva anos aberta na Biblioteca Miguel González Garcés”. “Sorprende que o Sr. Negreira convide a todo o seu séquito co que tanto lle gusta fotografarse, conselleiros, delegadas e directoras da Xunta de Galiza... a inaugurar a nova aula Cemit da Coruña como se se tratase dunha revolución e for a primeira que se abre na cidade”, apuntou.  [+]


O BNG revela que Busquets cualifica as alegacións do PP ao PXOM de erróneas, paradoxais e incomprensíbeis

A Coruña, 3 de agosto de 2012.-  O Grupo Municipal do BNG denunciou hoxe en rolda de prensa que o informe de alegacións ao PXOM contén unha crítica demoledora e contundente ao PP. Así, a concelleira Ermitas Valencia debullou o contido do informe de alegacións elaborado polo equipo redactor de PXOM, encabezado por Busquets, que será aprobado no Pleno do luns. "Paradoxalmente, o Goberno do Sr. Negreira aprobará un informe que cualifica de erróneas, de incomprensíbeis e de contrarias á normativa legal as alegacións presentadas polo PP o 18 de febreiro de 2010, durante o período de exposición pública", salientou. "Trátase dunha gran labazada de Busquets ao PP", engadiu.   [+]


O BNG critica a actitude despótica do PP ao "enchufar" cargos públicos do PP familiares, amigos, veciños... ao palacio municipal para ver a Mario Casas

A Coruña, 3 de agosto de 2012.-  A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, a concelleira de Facenda, Rosa Gallego... contábanse por decenas os cargos públicos do PP que "colaron" fillos, curmáns, sobriños, amigos e demais familia á planta nobre de María Pita para ver, in situ, o preogeiro das festas, Mario Casas, que espertou unha enorme expectación entre a mocidade da Coruña.   [+]


O BNG reclama acabar coas axudas públicas, quer directas ou indirectas, ás touradas

A Coruña, 3 de agosto de 2012.-  O Grupo Municipal do BNG rexeita, unha vez máis, as axudas públicas, quer directas, quer indirectas, ás touradas, máxime neste contexto de fonda crise e con novos recortes que previsibelmente anunciará hoxe Rajoy. Por iso, os nacionalistas participarán mañá na concentración convocada por Galiza, Mellor sen Touradas e animan a asistir a cidadanía. A mobilización terá lugar mañá, sábado, ás 19h na Praza de María Pita.   [+]


Caxigal advirte de que periga a continuidade do mercado municipal de Elviña co cambio de usos do centro comercial

A Coruña, 2 de agosto de 2012.-  O concelleiro nacionalista Xan Caxigal informou esta mañá en rolda de prensa dos asuntos que foron esta mañá á Comisión de Contas e á de Urbanismo. Caxigal comezou advertindo de que "máis que un Pleno extraordinario, o Pleno do luns vai parecer ordinario, tanto polo volume como pola trascendencia do contido dos asuntos que se van debater". "Quizais sexa bo lembrarlle ao Goberno local o significado da palabra extraordinario ou pedirlle que revise o decreto en que se estabelece agosto como mes inhábil, máxime cando levamos varios Plenos carentes de contido", ironizou. Con todo, sinalou non sorprenderlle, "dada a improvisación á que o PP nos ten afeitos".   [+]


O BNG advirte de que o Goberno local actúa ao ditado dos promotores co aumento da edificabilidade nas Percebeiras, con torres de máis de 8 plantas e con usos terciarios na zona

 A Coruña, 2 de agosto de 2012.- O Grupo Municipal do BNG volveu demostrar esta mañá en rolda de prensa como o Goberno do Sr. Negreira está a actuar ao ditado dos promotores, con cambios substanciais no PXOM que irá a Pleno a vindeira semana. O concelleiro Xan Caxigal centrouse esta mañá en alertar da especulación no polígono das Percebeiras, en Labañou, onde o PP aumenta a superficie edificábel en 9.341 metros cadrados, é dicir, un 18,44 por cento. Ademais, inclúese o uso terciario nesta área, preferentemente baixo rasante; por exemplo, para un supermercado.  [+]