Novas
O BNG vota en contra do PXOM, continuista co modelo urbanístico fracasado de Paco Vázquez e que lle regala a cidade aos promotores de sempre
A Coruña, 6 de agosto de 2012.- "Os promotores inmobiliarios de sempre, deben estar encantadísimos con vostedes, xa que poderán campar as súas anchas onde lles apeteza", así comezaba a concelleira do BNG Ermitas Valencia a súa intervención para expoñer o voto en contra dos nacionalistas á aprobación provisional do PXOM. Valencia acusou o PP de "teimar con mentiras no modelo urbanístico fracasado de Paco Vázquez, regalándolle a cidade aos especuladores". "O PP segue ao pé da letra a mesma política urbanística do PSOE, que non é outra que a que lle ditan as promotoras inmobiliarias", salientou. [+]
O BNG rexeita un modificativo de crédito que non recolle nin unha soa medida para facerlle fronte á crise e que se centra nas festas e na regata de veleiros
A Coruña, 6 de agosto de 2012.- O Grupo Municipal do BNG rexeitou no Pleno desta mañá o modificativo de crédito de 3.900.000 euros, nun contexto de brutal recesión que, tal e como expuxo a concelleira Ermitas Valencia, provocará a diminución do PIB en 2 puntos. Fixo alusión Valencia ás máis de 23.000 persoas que se atopan no desemprego só na cidade da Coruña, cifra que aumenta ás 38.000 se falamos da área metropolina, ao que engadiu os recortes aos empregados públicos e a baixa capacidade de consumo, que ameaza con pechar centos de comercios de locais de hostalaría e que prexudicarán o xa débil tecido industrial da Coruña. [+]
O BNG rexeita o agasallo da Fábrica de Tabacos á Xunta de Galiza "a cambio de nada máis que recortes"
A Coruña, 6 de agosto de 2012.- Outros dos asuntos debatidos esta mañá en Pleno, a aprobación definitiva da cesión gratuíta á Xunta de Galiza da Fábrica de Tabacos, a aprobación do cambio de usos do centro comercial de Elviña e a aprobación da modificación do plan parcial de Someso, contaron co voto en contra do Grupo Municipal do BNG, ao entender que estas decisións prexudican o interese xeral da cidadanía. [+]
O BNG considera un despropósito que o Goberno local vaia gastar 700.000 euros en enquisar comerciantes da Agra cando lles eliminou as axudas previstas do Urbana C
A Coruña, 5 de agosto de 2012.- A concelleira do BNG Ermitas Valencia considera un despropósito que o Goberno local vaia malgastar 70.000 euros en contratar a dedo unha consultora para enquisar comerciantes e veciños da Agra do Orzán co fin de marcar unha estratexia que axude ao pequeno e mediano comercio da zona. Lembra Valencia que o Sr. Negreira suprimiu do programa Urbana C as axudas directas e a fondo perdido a comercio, hostelaría e talleres de automoción do barrio para destinar eses cartos a unha aula virtual de busca de emprego da que nada sabemos. [+]
O BNG lamenta que o Goberno do Sr. Negreira malgaste 200.000 euros en desfacer a mediana da avenida de Oza
A Coruña, 5 de agosto de 2012.- O Grupo Municipal do BNG denuncia o dispendio inxustificado da obra que o Goberno local vén de comezar na Avenida de Oza, unha obra para a que o PP gastará 200.000 euros só para tirar a mediana. Os nacionalistas consideran irresponsábel, máxime no contexto de graves recortes, dilapidar estes cartos públicos nunha obra que, ao contrario do afirmado polo Goberno local, non responde a razóns de seguridade, nin ténicas, nin legais, senón ao cumprimento dun capricho electoral do PP, tal e como se desprende do informe do Servizo de Emerxecias (achegámolo xunto á nota). [+]
O BNG pide a retirada da aprobación provisional do PXOM da orde do día do Pleno
A Coruña, 4 de agosto de 2012.- A concelleira do BNG Ermitas Valencia rexistrou esta mañá un escrito en que os nacionalistas esixen a retirada do asunto 5 da orde do día do Pleno extraordinario que terá lugar o luns, sobre Aprobación provisional do documento de revisión do PXOM. [+]