Carril fai pública a última declaración da renda

A Coruña, 12 de maio de 2011.- O candidato do BNG á Alcaldía da Coruña, Xosé Manuel Carril, presentou publicamente nas webs www.bng-galiza.org/cidadeacorunha e en www.sondebarrio.com os documentos escaneados cos datos da Axencia Tributaria correspondentes ao exercicio anterior, cando cobraba o complemento de Secretario Xeral da Universidade da Coruña, que hoxe xa non cobra.

Lamentabelmente, a Axencia Tributaria non enviou a documentación en galego, malia llo reclamar explicitamente Carril.

O candidato nacionalista salienta que o BNG acredota na transparencia como criterio orientador da actividade das administracións públicas para garantir o compromiso da legalidade, da eficacia e da eficiencia na xestión dos recursos públicos.

O cabeza de lista do BNG é posuidor dun Volskwagen Polo que vai facer 11 anos.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]