"Os ataques de Francisco Vázquez tómoos como un eloxio para Carril", di Guillerme en V Televisión

http://www.youtube.com/watch?v=5yJOb4Ig7vs&feature=player_embedded

Declaracións de Guillerme sobre Xosé Manuel Carril

Santiago, 3 de maio de 2011.- "Para deriva radical, a do señor Paco Vázquez", replicou o líder do BNG nunha entrevista coa xornalista Fernanda Tabares en V Televisión ás declaracións do ex alcalde de A Coruña en que se refería á suposta deriva radical do candidato nacionalista na Coruña, Xosé Manuel Carril. "A deriva é a súa. Deriva españolista, casposa, vella, de maneira que nen sequera no seu partido lle queren dar acubillo" á súa pretensión de acceder ao cargo de Defensor do Pobo no Estad, acrecentou Guillerme.

O líder do BNG cualificou a forma de facer política do ex alcalde da Coruña e ex embaixador do Estado español no Vaticano de "absolutamente antiga".

"A súa preocupación" por Xosé Manuel Carril "é un eloxio para nós", remarcou Guillerme. A teima de Francisco Vázquez con Carril demostra que "o noso candidato é un candidato desde logo alternativo".

"O señor Paco Vázquez, e sinto insistir nesta cuestión, leva toda a súa vida odiando o nacionalismo galego, porque odia el mesmo ser galego", conclui o portavoz nacional.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]