Novas

  

Mais de vinte vivendas de Gondrás, A Venta e o Guioncho son consideradas polo POL como novas agrupacións cando moitas delas teñen mais de 200 anos

A consideración de nova agrupacións para o Plan de Ordenación do Litoral creará dificultades aos veciños destes núcleos para o seu mantemento, mellora ou novos usos residenciais

O BNG explicará o xoves no local social de Gondrás os efectos do Plan de Ordenación do litoral [+]


O goberno local sigue acumulando débedas coas empresas subministradoras de materiais e servizos

No concello rexístranse cada vez con mais asiduidade reclamacións por impagos que ameazan con acudir á vía xudicial de non abonarse as cantidades pendentes

As reclamacións mais cuantiosas seguen sendo as das compañías de subministro eléctrico que non deberían producirse ao formar parte do gasto corrente [+]


O BNG AGARDA QUE O GOBERNO LOCAL ELIMINE O GASTO DA PRAZA DE ASESORA EN CERVO QUE CONSIDERA INDECENTE PARA UN CONCELLO DE 4.500 HABITANTES

É indecente que no concello de Cervo con menos de 4500 o PP cree unha praza de asesora mentres se recortan servizos e persoal.

A concelleira dimitida tiña un salario asignado de 8.429,36 que debería respectarse para o seu relevo ou estariamos diante de concelleiras de primeira e segunda clase. [+]


O BNG de Cervo informará en varios actos da afectación do POL no territorio municipal

O pleno do venres debaterá unha moción nacionalista instando ao goberno local á creación dunha comisión non permanente para o estudo e valoración do documento

Os nacionalistas entenden que os cidadáns deben coñecer polo miúdo os efectos desta normativa sobre a ordenación urbanística do concello [+]


O BNG de Cervo cualifica de anuncio para a galería a iniciativa popular sobre o cinto de Alcoa

Si o PP quixera ser crible neste proxecto debería ter votado favorabelmente a emenda presentada polo BNG aos orzamentos 2010 para elaborar o proxecto

Os nacionalistas lembran que aínda querendo a cualificación urbanistica dos terreos non permitiria hoxe un proxecto destas características [+]


O Plan do Litoral afecta en Cervo a 1206 hectáreas das que 586 están situadas por riba do 500 metros de costa

O POL limita usos residenciais na zona de Lieiro e San Cibrao ate Río Covo e elimina  solo urbanizábel existente no planeamento entre a Praia da Limosa e a desembocadura do Covo

As previsións de expansión de San Cibrao incluídas no PXOM e a modificación das normas actualmente en tramitación en Lieiro non entran nas determinación fixadas polo POL

Os nacionalistas agardan do PP o mesmo esforzo na defensa dos intereses dos veciños que o mostrado noutro tempo cos dos promotores [+]