Varias instalacións e alumeados públicos do concello de Cervo poderían sufrir cortes de enerxía eléctrica por falta de pago

Cervo, 30 de outubro de 2009. O BNG fai públicas as reclamacións presentadas polas compañías subministradoras de enerxía eléctrica para alumeado público e instalacións dependentes do concello de Cervo, só no mes de outubro o concello recibiu notificacións con avisos de corte por falta de pago por importes que superan os 41.000 euros e tendo que pagar recargos de demora por mais de 2.600 euros.


O BNG responsabiliza ao alcalde e concelleiro de Facenda da morosidade municipal
O BNG fai públicas as constantes reclamacións por parte de compañías subministradoras de enerxía eléctrica ao Concello de Cervo, non son novos os avisos de corte de subministro debido á morosidade dos gobernantes municipais na súa relación con empresas subministradoras de materiais e servizos; ás constantes reclamacións das compañías eléctricas hai que sumar minutas por servizos xurídicos nos múltiples casos xudiciais nos que o PP meteu ao concello de Cervo e aos seus veciños e veciñas. “A facenda municipal e un barco que vai sen rumbo fixo, sen capitán e sen tripulación” en referencia ao alcalde e Concelleiro de Facenda, Alfonso Villares e o seu grupo de goberno. Bernardo Insua responsabilizou directamente ao alcalde, escusando aos funcionarios, “que fan o que poden”. O portavoz nacionalista fixo mención a responsabilidade do goberno local que non presenta orzamentos municipais a pesar de ter maioría absoluta para aprobalos, e unicamente acude a constantes prórrogas que desvirtúan as contas de ingresos e gastos e así e imposíbel contar cun orzamento realista e acorde coas necesidades do concello. Por último, Bernardo Insua, volveu reiterar as críticas do BNG aos salarios dos concelleiros do grupo de goberno, “un grupo de goberno que lle costa aos cidadáns mais de 106.000 euros ao ano ten que ofrecer resultados e non só pasar por caixa a fin de mes”


Constantes advertencias de corte de subministro e recargos por demora no pago das facturas.
O BNG fixo públicos os avisos de corte de subministro presentados pola compañía eléctrica BEGASA mediante escritos presentados o 9 de outubro por un importe de 18.067,13€, con aviso de corte para o día 4 de febreiro de 2010 e outro presentado o 15 de outubro con data límite de pago no 17 de outubro cun paquete de facturas que suma 22.754,98€, ademais denunciou que a morosidade ten consecuencias e o concello debe afrontar o pago por recargos de 2.639,74€. A estas cantidades hai que engadir a reclamación presentada por Unión FENOSA que reclama o pago de facturas por importe de 567,80€ cun recargo de 340,51€ de non facerse efectivo o pago antes do 12 de decembro.


Ramón Luís Bernardo Insua.
Responsábel Local do BNG de Cervo   

Para mais información chamar ao tlf. 619591152

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • Arquivo a descargar