O BNG pregunta a Fomento si vai atender as alegación ao trazado da autovía San Cibrao-Barreiros
Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Congreso dos deputados rexistrou unha batería de preguntas dirixidas ao Ministerio de Fomento nas que solicita información referida ás alegacións presentadas por veciños e colectivos cervenses en relación ao trazado da autovía de conexión San Cibrao-Barreiros ao seu paso polo concello de Cervo. O concelleiro e portavoz municipal, Xoán Antón Estúa lembrou que “en Cervo presentáronse mais de 40 alegacións asinadas por particulares e colectivos que foron apoiadas polo pleno da corporación nunha sesión celebrada en agosto”. Estúa aproveitou para criticar a ausencia de compromiso do alcalde cos veciños, lembrando que “nese pleno o alcalde fusilou unha iniciativa nacionalista para presentala como propia e agora ten que ser unha vez mais o BNG quen se preocupe por estas alegacións”
A maioría das alegacións presentadas refírense á protección de acuíferos dos se abastecen numerosos veciños da Senra, Gondrás e San Román de Vilaestrofe, mais tamén hai outras que se refiren a modificacións puntuais do trazado e outra de mais calado que pide cambios de maior calado ao paso polos núcleos da Senra e Vilaestrofe para evitar a afectación de vivendas e zonas de cultivo, propoñendo a conexión co inicio do tunel de Vilasindre da alternativa IA6.
Xa foi presentada unha Proposición non de Lei instando ao ministerio a dialogar para chegar a acordos cos concellos afectados
O BNG no Congreso dos Deputados xa presentou esta semana outra iniciativa instando ao Ministerio a consignar no exercizo orzamentario 2010 as partidas suficientes axilizar a execución das obras e aprobar un cronograma de actuacións que evite prexuizos aos concellos, todos eles pendentes do seu trazado para a elaboración dos respectivos planeamentos urbanísticos. Ademais con esta PNL, o portavoz nacionalista no congreso insta a Fomento a abrir unha mesa de diálogo cos concellos e veciños para consensuar unha alternativa de trazado que teña en conta as demandas veciñais.