O gobernos local é o único responsabel do deficiente subministro eléctrico nas novas vivendas construídas en San Cibrao

O Alcalde de Cervo e o seu goberno, son os únicos responsábeis dos problemas de veciños de San Cibrao que carecen dun subministro eléctrico aceptábel en vivendas que xa contan con licenza de primeira ocupación nunhas vivendas cuxas licenzas de construción non  se axustan á lexislación ao non contar con todos os servizos urbanísticos esixidos. O BNG apoia as críticas destes veciños ao alcalde por intentar eludir as súas responsabilidades e esixe ao goberno local solucións inmediatas a un problema que pode reproducirse no futuro de non poñer solucións.

OS PROBLEMAS ACTUAIS SON FROITO DA FALLA DE PREVISIÓN E A PARÁLISE DO GOBERNO LOCAL NA TRAMITACIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL
A parálise durante anos na tramitación do PXOM imposibilitou realizar as previsiós necesarias sobre ordenación e adecuación dos servizos urbanísticos necesarios, como neste caso sucede co eléctrico, incapaz de soportar o número de licenzas de edificación concedidas polo goberno municipal. “Os dirixentes do PP no goberno municipal estaban mais preocupados por apoiar e impulsar o modelo urbanístico depredador que en previr as consecuencias que agora xa se están a ver nalgunhas comunidades de veciños, que poden repetirse no futuro se non se poñen solucións”, denunciou o BNG. Os nacionalistas ademais indicaron, que o goberno local segue sigue na mesma liña, “lonxe de aproveitar o parón no boom urbanístico para impulsar a redacción do PXOM, semella que o PP non ten ningunha presa para levalo adiante”.

O BNG CONCORDA COS VECIÑOS DENUNCIANTES QUE O CONCELLO E O UNICO RESPONSABEL DA DEFICIENCIAS ENERXÉTICAS.
Os nacionalistas expresaron o seu apoio ás denuncias feitas públicas pola comunidade de veciños que responsabilizan ao alcalde das deficiencias no subministro eléctrico e os problemas que este lles está a ocasionar, “a xunta de goberno como órgano competente na concesión de licenzas, debe responsabilizarse de que estas conten con tódolos servizos urbanísticos necesarios, de non ser así non deberían ser outorgadas”. En calquera caso, non son aceptábeis as desculpas do alcalde nin as intencións de botar en tellado alleo a responsabilidades que lle corresponden.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]