O BNG traslada ao Parlamento as preguntas que o goberno local se nega a contestar sobre a residencia da terceira idade de Cervo

Cervo, 16 de abril de 2011. O BNG cervense segue agardando dende o 29 de marzo a que o goberno municipal responda as preguntas presentadas sobre a existencia ou non de reservas de prazas para residentes do municipio na futura residencia da terceira idade e tampouco si esta vai ter unha xestión pública ou privada. Á vista da situación que incumpre a obriga e os prazos legais de ofrecer información á oposición, trasladan as mesmas preguntas ao Parlamento Galego a través do parlamentar, Fernando Blanco, agardando unha maior dilixencia por parte do goberno galego.

O goberno municipal saberá en que condicións foron cedidos uns terreos que son de tódolos cervenses.

Os nacionalistas critican a actitude pouco democrática do goberno local, que non cumpre a legalidade “case nunca” ao non ofrecer respostas nin ás preguntas nin ás solicitudes de documentación á que temos dereito como membros da corporación, sinala o portavoz nacionalista, Xoán Antón Estúa. E evidente, sinalou o portavoz, “que o goberno municipal ten que coñecer en que condicións cedeu de balde os terreos para este equipamento”, e engade que de non haber estas reservas, “non vai cumprir cos obxectivos que se buscan”.

A privatización dos servizos públicos como adoita facer o PP non permitirá o acceso ao servizo aos potenciais  usuarios cervenses.

Estúa mostrouse preocupado pola falta de respostas, “o PP privatiza todo canto toca, xa o fixo coa residencia construída en Viveiro por áreas de goberno nacionalista da Xunta bipartita  e non lle vai tremer o pulso para seguir na mesma liña”. Os nacionalistas aseguran que “a xestión privada non permitiría o acceso polo nivel de rendas a moitas persoas e iso e o que o BNG quere impedir.” Neste sentido poñen como exemplo as dúas residencias construídas con diñeiro público durante o goberno de Manuel Fraga en Xove e O Valadouro “que foron privatizadas e deixaron de ser accesíbeis para moita xente”

Pódese descargar abaixo o documento das preguntas parlamentarias

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • Arquivo a descargar