Jorquera presenta unha proposición para que o goberno realice un proxecto de ampliación das excavacións do castro de Punta Atalaia (Cervo)

Madrid, 28 Xullo 2010. O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, rexistrou unha proposición non de lei e unha iniciativa parlamentar na Cámara na que insta ao Goberno a realizar, en colaboración co concello de Cervo, un proxecto de ampliación das excavacións do Castro galaico-romano de Punta Atalaia (Cervo) até terreos de dominio marítimo terrestre.

Nas súas iniciativas parlamantares, o deputado nacionalista explica que nos dous solares situados en Atalaia no concello de Cervo, estaba prevista a construción dun edificio de 32 vivendas e outro de 26. Pero as excavacións realizadas con motivo das obras sacaron á luz un importante xacimento galaico-romano que foi trasladado á Xunta para que realizase un informe avaliativo.

Un asentamento de grande importancia

Jorquera sinala ao Goberno que a Xunta conclúe que se debe conservar in situ os vestixios arqueolóxicos, e considerou que “o proxecto arquitectónico é incompatíbel coa conservación do Castro”. Ademáis, o informe de Patrimonio Histórico pón de manifesto a importanza deste xacimento e recomenda ampliar a intervención arqueolóxica a terreos de titularidade pública, de dominio público marítimo terrestre.

O parlamentar nacionalista subliña que “este Castro forma parte da história da zona e de Galiza, e é tamén, un importante recurso cultural, arqueolóxico e turístico que merece ser recuperado e posto en valor”.

Razón pola que o deputado do BNG empraza ao Executivo a elaborar un proxecto de ampliación e razón pola que dirixe unha serie de preguntas ao Ministerio de Medio Ambiente para coñecer o dispór do Goberno a colaborar con este importante legado arqueolóxico.

 

Pódese descargar abaixo o documento presentado nas Cortes

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • Arquivo a descargar