O BNG leva ao Concello e o Parlamento Galego sendas iniciativas en relación á situación do grupo cerámico Sargadelos

Cervo, 19 de xullo de 2010. O BNG presentou sendas iniciativas na Cámara Galega e no concello de Cervo en relación á difícil situación pola que pasa o Grupo Cerámico Sargadelos no que por parte da dirección da empresa anunciouse un terceiro ERE, nesta ocasión incluíndo a extinción de postos de traballo nas dúas plantas de fabricación de Sargadelos e Sada con 34 e 30 postos de traballo respectivamente.

O Parlamento debe tomar posicións para evitar o declive dunha industria que e moito mais que unha fábrica de cerámica

Os nacionalistas instan mediante unha Proposición Non de Lei a que o Parlamento reclame da Xunta de Galiza as medidas e ferramentas ao seu alcance para garantir a viabilidade da empresa e o mantemento dos postos de traballo. Neste sentido explicaron que en Cervo existe unha fonda preocupación entre moitas familias que ven perigar os seus postos de traballo ao anunciarse dende a dirección da empresa a presentación dun terceiro ERE que traería incluída a extinción de arredor de 30 postos de traballo.  O BNG ten ademais en consideración que o Grupo de Cerámicas de Sargadelos, S.L.,  e moito mais que unha empresa de fabricación de cerámica xa que entre os seus obxectivos fundacionais fixo, e debería seguir facendo, un importantísimo traballo cultural de recuperación e posta en valor de sinais de identidade e tradicións propias do país.

Os nacionalistas tamén piden explicacións ao goberno local sobre as xestións realizadas a partir do acordo plenario de maio de 2009.

No ámbito local o BNG agárrase ao acordo plenario no que mediante unha moción do seu grupo, emendada polo grupo de goberno do PP, que asumía a intención de mediar con outras administración na busca de apoios á viabilidade da empresa e o mantemento dos postos de traballo ao que se incorporaron compromisos do Tte. de Alcalde e parlamentar, José Manuel Balseiro que comprometeu xestións encamiñadas a impedir a perda de postos de traballo na empresa. Neste sentido pregúntase cales foron as xestións realizadas, en que datas, cales foron as respostas doutras administracións, a que administracións se dirixiron e os seus resultados. O portavoz municipal nacionalista chama a atención sobre o resultado deste traballo, “que á vista do que se anuncia agora non debeu ser moi positivo”.

Pódese descargar abaixo as preguntas formuladas ao Pleno municipal e a proposición non de lei presentada no Parlamento

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • Arquivo a descargar
  • Arquivo a descargar