O BNG denunciou a utilización de persoal municipal do concello de Cervo para repartir panfletos do PP contra a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña

Cervo, 23 de xuño de 2010. O BNG denunciou que na tarde noite de onte persoal laboral do Concello de Cervo repartiu por vivendas do concello panfletos asinados polo PP contrarios á Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña. Os nacionalistas descoñecen si este reparto se fixo en horario laboral ou fora del e si este persoal e militante do PP ou non, en calquera caso xa e público e notorio que o PP confunde o institucional co partidista ordenando a persoal municipal o reparto deste material.

Non e de recibo, sinalaron dende o BNG de Cervo que despois de escoitar na tarde de onte a representantes do PP esixindo explicacións sobre o apoio de concellos a Plataformas sanitarias como a da Mariña, concretamente a do Barco de Valdeorras, que están formadas por múltiples asociación veciñais e colectivos de doentes, agora eles utilicen recurso e persoal municipal para difundir un panfleto asinado por un partido político concreto.

Os nacionalistas recriminaron a actitude do goberno local de Cervo, non a do persoal municipal  que fixo o reparto, xa que unha vez mais vese como as formas e modos do PP, ademais de falsos son impositivos e dictatoriais, ao obrigar a este persoal a facer un traballo que non forma parte dos seus cometidos en favor do partido político que sustenta o goberno local.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]