O goberno local prefire seguir as directrices do partido que defender os intereses municipais diante das afectacións do Plan de Ordenación do Litoral

Cervo, 26 de marzo de 2010. O BNG cualficou de lamentábel a actitude do portavoz do grupo de goberno, José Manuel Balseiro, no pleno de celebrado na tarde de onte, os nacionalistas cualificaron penosa a actitude dun señor que suple a falla de argumentos  con descualificacións persoais de moi mala educación e impropias dun cargo público que está sentado na Mesa da Cámara Galega. Os nacionalistas non entenden que o PP use os plenos de Cervo como correa de transmisión de asuntos que teñen como única intención o apoio ao partido, neste sentido foi ridículo ver como o Sr. Balseiro defendía o apoio da corporación para que autónomos e PEMES non tributen IVE das facturas non cobradas cando esta iniciativa xa foi aprobada por unanimidade o pasado mes de febreiro no Congreso dos Deputados.

Coa excepción do PP todos os grupos entenden que o POL e un documento cheo de erros e alleo á realidade dos asentamentos costeiros galegos.

Para o BNG xa e evidente que o goberno municipal de Cervo prefire atender ás directrices que lles marca o partido que defender os intereses municipais, “neste sentido o portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estúa, lembrou que o goberno local primeiro negouse a constituír unha comisión municipal para estudo e valoración do POL, non foi quen de convocar á empresa redactora do PXOM para que explicase a incidencia do POL no documento, non quixo explicar ao veciños as afectacións do POL e agora da por boas as directrices emanadas deste documento a pesar das graves consecuencias que terá para o desenvolvemento urbanístico de moitos núcleos do concello.”
Para Estúa “os membros do goberno local prefiren gardar as súas poltronas que defender como e a súa obriga os intereses municipais”, neste sentido enmarcou a actitude dos representantes populares que “fai menos dun ano distribuían panfletos incendiarios criticando unha normativa provisional que afectaba aos 500 mts de costa e agora que por riba desa franxa o POL con carácter definitivo afecta en Cervo a 586has. miran cara outro lado”
Para o BNG a Consellaría de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, non demostra ter moito interese en atender as suxerencias que os concellos deberán emitir a principios do mes de maio cando a mediados do mesmo mes xa ten previsto aprobar inicialmente o documento.

A falla de iniciativa do goberno súplea o Sr. Balseiro con mocións tipo, aínda que estean superadas pola realidade

O BNG lamentou que o pleno de Cervo siga sendo utilizado como caixa de resonancia do Partido Popular no canto dun foro onde se discuten os asuntos municipais. Como exemplo  Estúa manifestou a súa estupefacción ao ver como o portavoz municipal do grupo de goberno, José Manuel Balseiro, pedía o apoio da corporación para que autónomos e PEMES non tributen o IVE das facturas non cobradas, cando esta proposta xa foi aprobada no Congreso dos Deputados por unanimidade no pasado mes de febreiro. “O nacionalista cualificou de bochornoso o espectáculo ofrecido onte por Balseiro que acudiu á descualificación persoal diante da falla de argumentos nunha actitude impropia dun representante público que ademais e membro da Mesa do Parlamento Galega”

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]