O BNG non é cómplice das medidas electoralistas do PSOE
O pasado luns 25 de abril celebrouse en Cee un Pleno extraordinario no que se tratou, entre outros asuntos, a renuncia das concelleiras socialistas á dedicación exclusiva da que disfrutaban. O grupo municipal do BNG de Cee abstívose na votación plenaria, e ante algunhas interpretacións equivocadas do sentido do noso voto, queremos facer unha serie de precisións.
1. Cando se produciu a renuncia das concelleiras do PSOE e o alcalde afirmou que non pensaba retirarlles as súas atribucións económicas, o BNG foi o primeiro que calificou este feito de inadmisible. Sen embargo, o BNG foi o único grupo que se abstivo cando se aprobaron estas dedicacións, así que nin foi responsable do seu mantemento durante catro anos, nin cómplice do paripé de retiralas a un mes das eleccións.
O BNG de Cee non foi responsable do mantemento de soldos desorbitados durante catro anos, nin cómplice do paripé de retiralos a un mes das eleccións.2. O BNG presentou no seu día unha moción para reducir os gastos políticos no concello de Cee, posto que consideramos inasumible para o concello facer fronte a catro dedicacións exclusivas, e a uns gastos que ascenden a medio millón de euros durante o mandato.
3. A renuncia a un mes das eleccións é un xesto meramente electoralista, no que nós non estamos dispostos a participar. A decisión das concelleiras do PSOE non foi resultado do levantamento do secreto de sumario e do coñecemento da gravidade das acusacións que pesan sobre o alcalde de Cee, senón que se produciu días despois e mesmo a candidata socialista afirmou que era unha estratexia electoral.
A decisión das concelleiras do PSOE non foi resultado da gravidade das acusacións que pesan sobre o alcalde senón froito dunha estratexia electoral4. O escrito presentado polas concelleiras do PSOE non deixaba claro si se trataba dunha renuncia ao cargo, ou si pretendían ser cesadas polo alcalde.
Por todos estes motivos o BNG de Cee optou pola abstención no pleno do pasado luns 25 de abril.