Charlas nas parroquias
Ante a intención do goberno local de Cee de vender todo o patrimonio que queda en propiedade, e que pólo tanto lles pertence a todos e todas as ceenses, o BNG está a organizar polas distintas parroquias charlas informativas coa intención de facerlle saber aos veciño/as o noso total desacordo con tal medida.
O solar que se pretende vender no recheo deberíase manter para ter onde ubicar novos edificios de uso público , como por exemplo a ampliación do hospital.
En canto ás vivendas que se van por a venda, son tremendamente necesarias e pólo tanto non procede vendelas.Si se venden, non se poderá dispor delas para calquer eventualidade.
Por último, as masas comúns das parroquias de Toba, Lires e Pereiriña son resultado das concentracións parcelarias que no seu día se levaron a cabo. Así, cada veciño da aldea cedeu unha porcentaxe do seu terreo para que quedasen para uso e disfrute de todos e servisen, como xa pasou, para novas infraestructuras coma pistas polideportivas, depuradoras prazas, etc…
Deste modo, e trala venda, as aldeas quedarán sen esas parcelas que un día foron dos veciño/as, e os cartos resultantes non servirán para mellorar a súa calidade de vida, senón que irán destinados a gasto corrente do concello.
A venda das propiedades debe ser sempre o último recurso, e así nos tempos de crise que nos está tocando vivir, e tendo en conta que os presupostos de todo concello, o mesmo que o de calquer familia, deben “tirar da man para atrás”, pedimos , QUE O GOBERNO DE CEE DESISTA DA SÚA INTENCIÓN, E RECAPACITE XA QUE AINDA ESTÁ A TEMPO.