TDT en Cee
25 de xaneiro de 2010. O BNG preguntou ao goberno municipal moitas veces cando ía solucionar o tema do TDT. E sempre respostaban que estaban a piques de solucionalo. Ata que o día 18 de xaneiro se produciu o apagón e moitos veciños de lugares coma Estorde, Lobelos, Lires ou Canosa quedaron sen sinal.
O goberno local, como en tantos outros temas, deunos largas, e non se apresurou a prever e resolver os problemas, mentres que os concellos dos arredores preparaban os seus repetidores para recibir a TDT.
A inoperancia do goberno provocou que moitos veciños teñan que recibir o sinal por emisores de concellos veciños, co sobre-prezo que isto comporta, ao ter que reorientar a antena, para o que é necesario en moitos casos contratar os servizos dun antenista. Outros non terán máis remedio que recurrir á recepción do sinal vía satélite, multiplicando aínda máis os gastos de instalación. En fin, a mala xestión do goberno municipal acaba por provocar gastos innecesarios aos ceenses.
O concello desaproveitou diversas oportunidades para solucionar os fallos de cobertura da TDT. Por unha banda, as subvencións aos concellos para estudos de cobertura do sinal, realización de proxectos técnicos e dotación de equipamentos para o servizo de televisión dixital terrestre (Resolución do 28 de xaneiro de 2008). E por outra banda, a proposta do BNG de Cee de aplicar unha pequena parte dos Fondos estatais para o emprego e a sustentabilidade local a dotar aos sete repetidores do concello da tecnoloxía necesaria para emitir o sinal dixital.
A Disposición Adicional Duodécima do Real Decreto 944/2005 permite que a iniciativa municipal promova a instalación de “gap-fillers” de até 1W de potencia para cubrir zonas con sombra de cobertura