Non á venda das vivendas sociais
9 de xaneiro de 2010. Os danos sufridos no concello de Cee, a consecuencia do temporal que se produciu na madrugada do xoves 14 de xaneiro, foron moi cuantiosos. Nun destes incidentes resultou afectada unha vivenda familiar. Por fortuna, os danos non foron moi graves e é posible que a familia afectada poda permanecer no inmoble. Ademáis, teñen familiares na localidade que os acollerían inmediatamente.
Por outra banda, o concello de Cee posúe dous pisos de protección oficial que poden servir para atender a situación de emerxencia como a que vimos de describir.
Cónstanos que o goberno local ofreceu estas vivendas á familia afectada. Como debe ser. O problema é que o presuposto de Cee para o ano 2010 contempla a venda destas dúas propiedades e e todos os demáis bens que lle quedan ao concello.
Pedímoslle ao goberno local que recapacite e reconsidere a venda destas propiedades, porque ninguén esta libre de sufrir unha catástrofe. E poida que quén a sufra non teña os medios necesarios para facerlle frente. Esa é a principal tarefa do goberno, velar polos intereses dos seus veciños e non malgastar o pouco patrimonio que lle queda aos ceenses.