Reparto caciquil dos discos de estacionamento

Cee, 18 de novembro de 2009. O concello está a entregar uns discos que servirán para aparcar na praza do mercado cun tempo limitado. Unha entrega que é unha nova mostra da política caciquil do alcalde coa complicidade dos seus socios de goberno pois para facerse cun deses discos hai que pedilos no despacho da xefa de gabinete. Ademais dende o BNG de Cee amosa a súa "repulsa a que determinados membros do goberno estén xa a repartir os discos o seu antoxo".

Oca apunta que "a forma mais axeitada sería unha campaña de información previa por parte da policía local e dos comercios máis afectados, para así acadar unha mellor xestión do servizo, facilitando ao cidadán acostumarse a nova norma, que por outra parte creemos é o primeiro paso para facer de pago toda a zona"

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]