O goberno municipal tómalle o pelo aos ceenses coa TDT

Cee, 21 de novembro de 2009.

Ante as novas publicadas na prensa o pasado martes 17, nas que se aseguraba que a cobertura de TDT era case do 100%, e o 85% dos fogares xa fixeran a transición, dende o BNG de Cee queremos desmentir tales informacións.  Nestes momentos a cobertura que hai no concello é grazas os repetidores dos concellos limítrofes, e tal é como dí o sr. Alcalde na carta de informacion que enviou a todolos ceenses, os repetidores de Raso, Sembra, Gures, Guimareu, Tedín, Canosa, Lires, O Son e San Pedro Mártir están ainda por dixitalizar.

Hai moitos lugares, mesmo no centro da capital municipal, que non reciben correctamente o sinal de todos os canais.

Cabe suliñar tamén que en moitas das aldeas do concello chegará a sinal da TDT, sen nunca conseguir ver a televisión analóxica en condicións.

Instamos por enésima vez ao equipo de goberno a tomar de inmediato as medidas precisas para solucionar o problema e que a cobertura sea total e de inmediato.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]